Centenario da primeira guerra mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Centenario da Primeira Guerra Mundial é a conmemoración do centenario da Primeira Guerra Mundial que empeza en 2014 e durará ata 2018. Entre os países que están a planear actos conmemorativos oficiais están Australia, Nova Zelandia, Francia, o Reino Unido e Turquía.

Unión Europea[editar | editar a fonte]

A biblioteca virtual Europeana ten tres proxectos dixitais para conmemorar a Primeira Guerra Mundial en toda Europa. Estes proxectos permitirán acceder libremente a unha serie de materiais en internet.

  • Europeana Collections 1914-1918, que permitirá acceder a 425.000 obxectos (libros, xornais, mapas, diarios de trincheira, panfletos, etc) procedentes de bibliotecas europeas.
  • Europeana 1914-1918, que dixitaliza e pon ao dispor público relatos e obxectos desa época recollidos en Europa.
  • EFG1418, a colección de películas e de documentos relacionados coa guerra do European Film Gateway.

Australia[editar | editar a fonte]

En Australia, o aniversario chámase o Centenario das ANZAC. Os comités que están planeando a conmemoración inclúen a Comisión Nacional da Conmemoración do Centenario das ANZAC e o Consello Consultivo do Centenario das ANZAC. O goberno ten un orzamento de 83,5 millóns de dólares australianos para un programa de sete anos que incluirá actos conmemorativos en Australia e no exterior, actividades e recursos educativos e restauracións de galerías e tumbas da guerra. [1]

Francia[editar | editar a fonte]

En Francia, o goberno fará unha política de lembranza nacional. Empezou, xa en 2011, coa apertura de Le Musee de la Grande Guerre en Meaux o 11 de novembro, coincidindo co Día do Armisticio. [2][3][4]

Reino Unido[editar | editar a fonte]

No Reino Unido, o Imperial War Museum está liderando un programa nacional de actos conmemorativos e está a planear novas galerías para a ocasión. En maio de 2010 o museo empezou admitir colaboración para o Centenario da Primeira Guerra Mundial. As organizacións colaboradoras teñen acceso aos obxectos de colección da Primeira Guerra Mundial, a expertos, a recursos dixitais, a branding e a unha extranet colaborativa.

En novembro de 2011, 330 organizacións nacionais e internacionais fixéronse colaboradoras. O museo tamén vai abrir unha nova exposición permanente sobre a Primeira Guerra Mundial na súa sucursal de Londres, como parte da súa remodelación de 35 millóns de libras.

En novembro de 2011 anunciouse que o primeiro ministro David Cameron nomeou a Andrew Murrison como o seu representante especial para as conmemoracións do Centenario da Primeira Guerra Mundial. O 11 de outubro de 2012, Cameron anunciou unha partida de 50 millóns de libras para financiar as conmemoracións nacionais do Centenario. Os aniversarios da declaración de guerra do Reino Unido a Alemaña, o comezo da batalla do Somme,a batalla de Xutlandiae o armisticio de novembro de 1918 serán sinaladas como conmemoracións nacionais. A remodelación do Imperial War Museum, onde Cameron deu o seu discurso, será apoiada con 5 millóns de libras adicionais. Outros 5,3 millóns de libras financiarán as visitas de alumnos de escolas inglesas a campos de batalla da Fronte Occidental. O Heritage Lottery Fund aportará 15 millóns de libras esterlinas para proxectos comunitarios, liderados por xente nova, para conservar o patrimonio local relacionado coa guerra. Ademais, a conservación do antigo cruceiro lixeiro da Royal Navy HMS Caroline que combateu na batalla de Xutlandia apoiarase con ata 1.000.000 de libras esterlinas.

O Heritage Lottery Fund está proporcionando financiamento a proxectos educativos en campos como historia local, acceso online a museos e arquivos, proxectos xuvenís sobre patrimonio, historia familiar, a conservación de monumentos bélicos e a conservación de artefactos históricos.

A BBC vai dedicar ao centenario arredor de 2.500 horas de televisión, radio e programación por internet durante estes catro anos. A programación incluirá documentais, dramas, música, programas conmemorativos e programas para nenos e escolas.

Nova Zelandia[editar | editar a fonte]

Axencias do goberno de Nova Zelandia e outras organizacións están a traballar xuntas para organizar as conmemoracións do centenario, que se identifica como ‘’’WW100’’’. As conmemoracións están dirixidas polo Ministro de Arte, Cultura e Patrimonio, Christopher Finlayson. Unha oficina do programa WW100 foi establecido polo Ministerio de Cultura e Patrimonio, xunto co Ministerio de Asuntos Exteriores e Comercio, a Forza de Defensa de Nova Zelandia e o Departamento de Interior.

As conmemoracións do centenario de Nova Zelandia homenaxearán a aqueles que loitaron, pero tamén contarán as historias daqueles que quedaron na casa. A Lottery Grants Board destina 17 millóns de dólares neozelandeses para conmemorar o Centenario da Primeira Guerra Mundial.

Os principais proxectos do Goberno de Nova Zelandia para o centenario inclúen o desenvolvemento dun Parque Nacional en Memoria da Guerra en Wellington, un centro educativo e de interpretación no National War Memorial, unha serie de novas historias e rutas históricas en Gallipoli e ao longo da Fronte Occidental.

Constituíuse un Comité para o Centenario da Primeira Guerra Mundial, presidido por Brian Roche de Correos de Nova Zelandia. O papel do Comité é defender o Centenario da Primeira Guerra Mundial, atraer patrocinadores ou apoio filantrópico para os proxectos do centenario, coordinarse cos seus órganos equivalentes no estranxeiro, especialmente Australia; e asesorar ao goberno nas conmemoracións do centenario. Anne Salmond, Bob Harvey, Monty Soutar, Matthew Te Pou e Sir Peter Jackson son os outros membros.

Ademais das actividades locais e nacionais, Nova Zelandia tamén participará en actividades conmemorativas internacionais.

Turquía[editar | editar a fonte]

As conmemoracións do Día Oficial das ANZAC celebrarase en Gallipoli (Turquía) o 25 de abril de 2015, co gallo do 100º aniversario do desembarco de Gallipoli.

Outros países[editar | editar a fonte]

A cidade de Saraxevo, que foi durante a Primeira Guerra Mundial a capital da provincia austríaca de Bosnia e Hercegovina fixo plans para organizar a conmemoración entre os días 21-28 de xuño de 2014. O evento chámase Saraxevo corazón de Europa.

Organizacións internacionais[editar | editar a fonte]

A Cruz Vermella ten un arquivo de rexistros duns vinte millóns de soldados que foron capturados ou soterrados por outros países. Planea pór todos estes documentos on-line para o centenario.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]