Illas Marianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casta Marianas.jpg

As Illas Marianas son un exemplo clásico dun arco volcánico, unha cadea de montañas ou illas volcánicas en arco, localizadas en zonas de subdución de placas tectónicas, neste caso, na rexión do Océano Pacífico occidental onde a Placa do Pacífico se atopa coa Placa das Filipinas.

Atópanse a norte das Illas Carolinas, que forman os Estados Federados de Micronesia, a preto de 2000 km a norte de Nova Guinea e aproximadamente á mesma distancia das Filipinas, a sudoeste, e do Xapón, a noroeste.

Son 15 illas, cunha orientación aproximada norte-sur, das cales a que fica máis ao sur, Guam é un territorio dos Estados Unidos da América e as restantes 14 forman o “Estado Libre Asociado” (ou Commonwealth) das Marianas do Norte, tamén dependentes dos EUA.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas foron “descubertas” por Fernão de Magalhães en 1521, que as declarou colonia española e as apelidou de "Las Islas de los Ladrones", (Illas dos Ladróns), xa que despois de achegarse a elas coa súa frota debilitada polo escorbuto os nativos roubáronlles un dos botes dos barcos, a tripulación recuperouno despois de incendiar as vivendas dos habitantes das illas. En 1668 o nome das illas foi mudado para Las Marianas, en homenaxe a Mariana de Austria, viúva do rei Filipe IV de España.

Practicamente toda a poboación nativa foi exterminada durante o dominio español e, máis tarde, foron repoboadas por nativos doutras illas da Micronesia. A colonia española foi vendida á Alemaña en 1899 e tomada polos xaponeses en 1914, que a tornaron nunha zona militar. Durante a Segunda Guerra Mundial, os “Marines” aterraron alí a 15 de xuño de 1944 e gañaron a Batalla de Saipan, que durou 3 semanas.

Despois da derrota do Xapón, as illas pasaron a ser administradas polos EUA, como parte do Protectorado das Illas do Pacífico das Nacións Unidas. Na década de 1970, os seus habitantes decidiron-se, non a favor da independencia, mais de lazos máis fortes cos EUA e, o 1 de xaneiro de 1978 foi aprobada a constitución do seu estatuto actual.

Relación de Illas das Marianas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]