Primeira Batalla do Marne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira Batalla do Marne
Battle of the Marne - Map.jpg
Plano da Primeira Batalla do Marne.
Data: 3 - 12 de setembro de 1914
Lugar: Río Marne ,ás aforas de París, Francia
Conflito: Primeira Guerra Mundial
Resultado: Vitoria decisiva estratéxica de Francia e do Imperio Británico
Combatentes
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Flag of France.svg República Francesa
Flag of the German Empire.svg Imperio Alemán

A Primeira Batalla do Marne foi unha batalla da Primeira Guerra Mundial, producida entre o 5 e o 12 de setembro de 1914 preto de París. A vitoria caeu do lado aliado e frenou o avance alemán a través de Francia. Fixo ademais imposible a rápida vitoria xermana na guerra e supuxo o estancamento das tropas nas trincheiras.

Antecedentes da batalla[editar | editar a fonte]

As batallas iniciais favoreceron aos alemáns, que atravesaron Bélxica e penetraron en Francia. Ademais, repeliron o ataque francés a través de Alsacia e Lorena. A finais de agosto, os exércitos aliados tiveron que repregarse cara París e cara a costa do Canal da Mancha. Nos primeiros días de setembro, os exércitos imperiais alemáns I e II despregaron a artillería en torno a París e comezaron o bombardeo. Sen embargo deixaron expostos os flancos e os aliados organizaron rapidamente as forzas de contraataque. Segundo os plans aliados, o VI Exército galo e o Corpo Expedicionario Británico liderarían a ofensiva.

Batalla[editar | editar a fonte]

As tropas aliadas decidiron atacar no oco que quedaba entre os dous exércitos alemáns o 6 de setembro, rematando a loita dous días despois. O día 8 o Xeneral Franchet d’Esperey, ao mando do V Exército, atacou de novo ao II Exército alemán. O ataque resultou exitoso. D’Esperey foi alabado polo seu espírito ofensivo e substituíra había pouco ao Xeneral Lanrezac, que fora degradado polo seu espírito poco combativo, segundo Joffre. Cabe salientar que parte dos efectivos franceses (uns 6.000 homes) foron trasladados de París á fronte en taxis.

Para o 9 de setembro, a situación era moi complicada para os dous exércitos xermanos, xa que podían ser envoltos e atacados en calquera momento. Os alemáns tiveron que retroceder 65 km ata o río Aisne, onde se construíron as primeiras trincheiras da guerra, que se manterían ata 1918.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

A derrota alemana supuxo o fracaso do Plan Schlieffen e polo tanto, desapareceu toda posibilidade dunha vitoria rápida. Ademais, isto provocaba que o Imperio Alemán debería establecer dúas frontes: unha occidental contra ingleses e franceses, e unha oriental, contra o Imperio Ruso.

Dos dous millóns de soldados que interviron na Primeira Batalla do Marne, aproximadamente medio millón morreron.