Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Premio Pritzker da Arquitectura é un premio dado pola estadounidense Hyatt Foundation que se lle entrega anualmente "a un arquitecto vivo cuxo traballo xa construído mostra unha mestura das cualidades de talento, visión e adicación, contribuíndo dun xeito consistente e significante ao enriquecimento da humanidade e do mundo da construción a través da arte da arquitectura."[1]
Historia e características[editar]
Fundado no ano 1979 por Jay A. Pritzker e a súa dona, o premio diríxeno a familia Pritzker na actualidade, sendo considerado un dos máis importates e recoñecidos premios da arquitectura, ate o punto de seren as veces chamado o premio Nobel da arquitectura. O premio entrégase sen teren en conta criterios de nacionalidade, raza, creenzas ou ideoloxía.[2] Os galardoados reciben 100.000 dólares americáns, un certificado, e dende o ano 1987 unha medalla de bronce.[3] No reverso da medalla pode lerse a inscrición en lingua latina "firmitas, utilitas, venustas" (en galego: firmeza, materia, pracer); inspirada polo arquitecto romano Vitruvio. Antes do 1987, ao premio acompañáballe unha edición limitada dunha escultura de Henry Morre.[4]
A directora executiva do galardón, Martha Thorne a día de hoxe, solicita e recolle as nominacións para o premio a un determinado grupo de especialistas, incluíndo anteriores premiados, académicos, críticos e outros "expertos ou persoas que mostran un gran interese ou coñecemento no eido da arquitectura". Calquera arquitecto titulado e con licenza pode presentar unha solicitude persoal para o premio antes do 1 de novembro de cada ano, cando o xurado, composto por "expertos e recoñecidos profesionais nos eidos da arquitectura, negocios, educación, editorial e cultura, escollen ao gañador antes de remataren o ano para anuncialo na vindeira primavera.[5]
Listaxe dos gañadores[editar]
Oscar Niemeyer, gañador no ano
1988
| Ano |
Laureado |
Nacionalidade |
Lugar da entrega do Premio |
| 1979 |
Philip Johnson |
Estados Unidos |
Dumbarton Oaks, Washington, DC |
| 1980 |
Luis Barragán |
México |
Dumbarton Oaks, Washington, DC |
| 1981 |
James Stirling |
Reino Unido |
National Building Museum, Washington, DC |
| 1982 |
Kevin Roche |
Irlanda /
Estados Unidos |
Art Institute of Chicago, Chicago |
| 1983 |
Ieoh Ming Pei |
China /
Estados Unidos |
Museo Metropolitano de Arte, Nova York |
| 1984 |
Richard Meier |
Estados Unidos |
National Gallery of Art, Washington, DC |
| 1985 |
Hans Hollein |
Austria |
Biblioteca Huntington, San Marino, California |
| 1986 |
Gottfried Böhm |
Alemaña |
Worshipful Company of Goldsmiths, Londres |
| 1987 |
Kenzo Tange |
Xapón |
Kimbell Art Museum, Fort Worth, Texas |
| 1988 |
Gordon Bunshaft
Oscar Niemeyer |
Estados Unidos
Brasil |
Art Institute of Chicago, Chicago |
| 1989 |
Frank Gehry |
Canadá /
Estados Unidos |
Tōdai-ji, Nara, Xapón |
| 1990 |
Aldo Rossi |
Italia |
Palacio Grassi, Venecia |
| 1991 |
Robert Venturi |
Estados Unidos |
Palacio de Iturbide, Cidade de México |
| 1992 |
Álvaro Siza |
Portugal |
Harold Washington Library, Chicago |
| 1993 |
Fumihiko Maki |
Xapón |
Castelo de Praga, Praga |
| 1994 |
Christian de Portzamparc |
Francia |
The Commons, Columbus, Indiana |
| 1995 |
Tadao Ando |
Xapón |
Palacio de Versalles, París |
| 1996 |
Rafael Moneo |
España |
Getty Center, Os Ánxeles |
| 1997 |
Sverre Fehn |
Noruega |
Museo Guggenheim Bilbao, Bilbao |
| 1998 |
Renzo Piano |
Italia |
Casa Branca, Washington, DC |
| 1999 |
Norman Foster |
Reino Unido |
Museo Altes, Berín |
| 2000 |
Rem Koolhaas |
Países Baixos |
Parque Arqueolóxico de Xerusalén, Xerusalén |
| 2001 |
Herzog & de Meuron |
Suíza |
Monticello, Charlottesville, Virxinia |
| 2002 |
Glenn Murcutt |
Australia |
Colina Capitolina, Roma |
| 2003 |
Jørn Utzon |
Dinamarca |
Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid |
| 2004 |
Zaha Hadid |
Iraq /
Reino Unido |
Museo do Hermitage, San Petersburgo |
| 2005 |
Thom Mayne |
Estados Unidos |
Jay Pritzker Pavilion, Chicago |
| 2006 |
Paulo Mendes da Rocha |
Brasil |
Palacio de Dolmabahçe, Istanbul |
| 2007 |
Richard Rogers |
Reino Unido |
Banqueting House, Londres |
| 2008 |
Jean Nouvel |
Francia |
Biblioteca dO Congreso dO Estados Unidos, Washington, DC |
| 2009 |
Peter Zumthor |
Suíza |
Palacio da Lexislatura da Cidade de Bos Aires, Bos Aires |
| 2010 |
SANAA |
Xapón |
Ellis Island, Nova York |
| 2011 |
Souto de Moura |
Portugal |
Andrew W. Mellon Auditorium |
| 2012 |
Wang Shu |
China |
Gran Salón do Pobo, Pequín |
| 2013 |
Toyo Ito |
Xapón |
Biblioteca e Museo presidencial John F. Kennedy, Boston |
Países con máis premios Prtizker[editar]
- ↑ Finalidade do Premio Prizker Páxina oficial dos premios Pritzker, The Hyatt Foundation, 24 de xuño de 2009
- ↑ Proceso de nominación Páxina oficial dos premios Pritzker, The Hyatt Foundation, 29 de marzo de 2010
- ↑ Historia do premio Páxina oficial dos premios Pritzker, The Hyatt Foundation, 29 de marzo de 2010
- ↑ Historia do premio Páxina oficial dos premios Pritzker, The Hyatt Foundation, 29 de marzo de 2010
- ↑ Proceso de nominación Páxina oficial dos premios Pritzker, The Hyatt Foundation, 29 de marzo de 2010
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]