Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comisaría de policía na estación de Choju.
Kazuyo Sejima (妹島 和世, せじま かずよ, nada no 1956 na Prefectura de Ibaraki, Xapón) é unha arquitecta que, xunto a Ryue Nishizawa, fundou a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados) no ano 1995. Ademais de SANAA, ámbolos dous, Sejima e Nishizawa, levan a cabo estudos independentes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto ao seu compañeiro, Ryue Nishizawa, foi galardoada co Premio Pritzker.
Traxectoria [editar]
Graduada en Arquitectura no 1981 pola Universidade de Mulleres de Xapón, comeza a colaborar na firma Toyo & Associates nese mesmo ano. Seis anos despois, no 1987, empeza a súa carreira en solitario co Estudo que leva o seu nome, Kazuyo Sejima & Associates. Será no 1992 cando a nomeen nova arquitecta do ano en Xapón. Dende o 2000 foi profesora invitada en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward, da Escola Politécnica Federal de Lausana (Suíza e da Universidade de Princeton (EE. UU.. Dende o 2001 é profesora da Universidade de Keio, Tokyo.
- 1987. Programa de usos I: Casa de vacacións en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón.
- 1988. Programa de usos II: Estudio no distrito de Kitakoma, prefectura de Yamanashi, Xapón.
- 1990. Almacén deportivo de Castelbajac, Prefectura de Kanagawa, Xapón.
- 1990. Apartamentos de mulleres da empresa Seiyaku Saishunkan, Kumamoto, prefectura de Kumamoto, Xapón.
- 1990. Casa N, Kumamoto, Xapón.
- 1991. Sala de xogos de Pachinko I, Hitachi, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1992. Casa no bosque en Chino, prefectura de Nagano, Xapón.
- 1993. Sala de xogos de Pachinko II, Naka, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1993. Casa E en Katsuura, prefectura de Chiba, Xapón.
- 1993. Kōban de policía localizado kitaguchi na estación de Chōfu, Chōfu, prefectura de Tōkyō, Xapón.
- 1994. Apartamentos Kitagata, prefectura de Gifu, Xapón.
- 1995. Sala de xogos de Pachinko III, Hitachiōta, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1996. Edificio de oficinas O en Ibaraki, Xapón.
- 1999. Pequena casa en Toquio, Xapón.
- 1999. Residencia de estudantes Kozankaku, Mito, prefectura de Ibaraki, Xapón.
- 1999. Almacén hhstyle.com en Shibuya, prefectura de Tōkyō, Xapón.
- 2000. Edificio de oficinas Asahi Shimbun Yamagata, prefectura de Yamagata, Xapón.
- 2001. Casa nun bosque de ameixeiras en Toquio, Xapón.
- 2003. Centro cívico Onishi en Prefectura de Gunma, Xapón.
- 2005. Xardíns Yu-xi en Taipei, Taiwan.
- 2005. Clínica Dental en Tsuyama, prefectura de Okayama, Xapón.
- 2005. Vivendas Seijo en Toquio, Xapón.
- 2006. Edificio Toyota Aizuma en Toyota, prefectura de Aichi, Xapón.
- 2006. Apartamentos Okurayama en Yokohama, prefectura de Kanagawa, Xapón.
- 1988. Premio Kazuma, revista SD 1988 (Platforma I & II).
- 1989. Premio Especial de Arquitectura Residencial da Asociación de Arquitectos de Tokio (Platform I).
- 1989. Premio Yoshizaka, Japan Architect (Platforma I).
- 1992. Arquitecto Novo do Ano, Instituto de Arquitectos do Xapón (Residencia Femenina Saishunkan Seiyaku).
- 1994. Premio '94 ao Deseño de Espazos Comerciais (Pachinko Parlor I & II).
- 1994. Casa no Bosque recibe o Premio á Obra de Arquitectura do ano '94 .
- 2010. Premio Pritzker.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]