Philip Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Philip Johnson

Philip Cortelyou Johnson, nado en Cleveland (Ohio) o 8 de xullo de 1906 e finado o 25 de xaneiro de 2005, foi un influente arquitecto americano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Johnson foi a figura máis recoñecíbel da arquitectura durante décadas. Parte icona, parte oráculo, parte cómic, Johnson foi unha fiábel fonte de inxenio e provocación.

No 1946, fundou o Departamento de Arquitectura e Deseño no MoMA, e despois no (1978), como comisario, foi galardoado coa Medalla de Ouro do Instituto Americano de Arquitectos e co primeiro Premio Pritzker de Arquitectura, no 1979. Estudou da Escola de Deseño da Universidade Harvard.

Johnson morre en xaneiro do 2005, sendo coidado pola súa antiga parella David Whitney. David falece só uns poucos meses despois, o 12 de xuño do 2005, aos 66 anos.

Comezos[editar | editar a fonte]

Estudou na Hackley School, en Tarrytown, Nova York, graduándose logo na Universidade Harvard, onde se centrou na historia e filosofía, particularmente no traballo dos filosofos presocráticos. Interrompeu a súa educación con diversas viaxes á Europa. Estas viaxes convértense no pivote central da súa educación; visitando Chartres, o Partenón, e moitos outros momumentos antigos, elevando deste xeito a súa fascinación pola arquitectura.

Logo, no 1928, Johnson coñeceu ao arquitecto da Bauhaus, Ludwig Mies van der Rohe, quen estaba a facer nese momento o Pavillón xermano para a exhibición de Barcelona no 1929. O encontro foi unha revelación para Johnson, creando as bases para unha longa relación de colaboracións e competicións. O alumno atopa finalmente ao mestre. Johson neste período simpatiza coa ideoloxía de dereitas xermana, apoiando visións políticas antisemitas. Despois, durante a súa carreira profesional, non obstante, repudiaría as súas tendencias políticas da xuventude.

Johnson volveu da Alemaña sendo partidario da Nova Arquitectura. Viaxando pola Europa cos seus amigos, Alfred H. Barr e Henry-Russell Hitchcock, e coñecendo de primeira man as novas tendencias, os tres amosaron os seus descubrimentos nunha exposición no Museo de Arte Moderna chamada "O Estilo Internacional: A Arquitectura dende 1922". A exposición foi profundamente influente e hoxe vese como a introdución da arquitectura moderna no pobo americano. Deu a coñecer arquitectos de vangarda coma Le Corbusier, Gropius e Ludwig Mies van der Rohe. Mais a exposición non se librou da controversia: o arquitecto Frank Lloyd Wright, nun xesto de sinceridade, retirou as súas entradas, xa que, segundo o seu parecer, non foi o suficientemente destacado.

Coma o crítico Pater Blake dixera, a importancia desta exposición no emprazamento da arquitectura americana no século "non pode ser exaxerada". No libro que acompañaba a exposición, baixo a co-autoría de Hitchock, argumentaba que o estilo moderno mantiña tres principios formais: 1. énfase do volume sobre a masa (máis planeamento e menos solidez) 2. rexeitar a simetría e 3. rexeitar a decoración. A definición do movemento coma un "estilo" con características formais distintas foi visto por algúns críticos como a minimización da inclinación social e política que moitos dos europeos amosaran.

Johnson continuou a traballar propoñendo a arte moderna, usando o Museo de Arte Moderna coma un abusivo púlpito. Amañou a primeira visita de Le Corbusier aos Estados Unidos no 1935, traballando logo para traer a Mies e Marcel Breuer ao país americano como emigrantes.

Durante a Gran Depresión, Johnson emprazou o seu posto no Museo para botar unha man nas políticas agrarias, colaborando como xornalista. O seu esforzo centrouse na crítica do estado liberal do benestar, cuxo fracaso evidenciouse moito máis nos anos trinta dese século. Como corresponsal cubriu as Reunións de Nuremberg na Alemaña, a invasión de Polonia no 1939. A invasión fixo acadar o límite do interese que amosaba Johnson pola política e o xornalismo. Meses despois volveu aos Estados Unidos para ingresar no exército americano. Despois duns anos baixo o uniforme e recoñecidos por el mesmo coma insignificantes, Johnson volveu á Escola de Deseño da Universidade Harvard, perseguindo, deste xeito, a súa derradeira etapa coma arquitecto.

A Casa de Cristal[editar | editar a fonte]

A súa primeira influencia coma arquitecto práctico amosouse no uso do vidro; a súa obra mestra foi a Casa de Cristal, a cal foi deseñada como residencia propia en New Canaan, Connecticut (1949). O concepto de Casa de Cristal integrada na paisaxe coas vista coma muros reais foi desenvolvida por varios autores na German Glasarchitektur dos anos vinte, incluso tamén esbozada polo mentor de Johnson Mies van der Rohe. A casa é un ensaio da mínima estrutura, xeometría, proporción e dos efectos de transparencia e reflexión.

O Edificio Seagram[editar | editar a fonte]

Logo de rematar varias casas na liña de Mies e Breuer, Johnson únese a Mies no deseño dun edificio de 39 plantas, o Edificio Seagram (1956). Desta colaboración xurdiu unha admirábel torre de bronce e vidro in Park Avenue, cuxa proporción, elegancia dos materiais e rigor construtivo fixo que o New York Times a xulgase como o edificio máis imortante do século XX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]