Eduardo Souto de Moura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eduardo Souto de Moura
Eduardo Souto de Moura
Nacemento25 de xullo de 1952 (71 anos)
 Porto Portugal Portugal
Obras destacadas
PremiosPremio Pritzker 2011
editar datos en Wikidata ]

Eduardo Souto de Moura (nado no Porto, 25 de xullo de 1952) é un arquitecto portugués cuxo traballo está estreitamente vencellado ao dos tamén portugueses Álvaro Siza e Fernando Távora, quen son os seus mentores.

Souto de Moura licenciouse en arquitectura na Escola Superior de Belas Artes do Porto en 1980, onde foi profesor de 1981 a 1991. Foi profesor convidado nas universidades de París-Belville, Harvard, Dublín, Navarra, Zúric e Lausana. Trala colaboración no estudio de Álvaro Siza entre 1974 e 1979, estableceu un despacho profesional de seu no Porto en 1980.

Referencias arquitectónicas[editar | editar a fonte]

Como principais trazos da súa arquitectura destacan o rigor e a precisión nas formas, así como unha profunda sensibilidade cara ao contexto. Do mesmo xeito que outros arquitectos portugueses, como Álvaro Siza, Souto de Moura preocúpase moito pola contorna física que cingue as súas obras. Así mesmo, coida os detalles e a selección dos materiais, conxugando moi ben formigón, pedra, madeira e aluminio. Adóitase consideralo como un representante da arquitectura orgánica.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Mercado municipal de Braga (1980), un organismo lineal apoiado en rotundos muros cun espazo cuberto por unha gran laxa soportada por alicerces de formigón.
  • As casas en Nevogilde (1982 - 1983), no Porto, caracterizadas polo manexo de impoñentes muros.
  • A vivenda para a Quinta do Lago (1984), Algarve, na que retoma elementos da arquitectura vernacular do sur de Portugal.
  • Rehabilitación para pousada do Mosteiro de Santa María do Bouro, Braga (1989 - 1997).
  • A casa en Alcanena (1992), en Torres Novas, unha vila construída con muros entre viñedos.
  • Metro do Porto (Estación de Casa da Música), O Porto, (1997 - 2004).
  • Estadio Municipal de Braga (2000 - 2003).

Modelo:PremiosPritzker