Sverre Fehn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo en Fjaerland

Sverre Fehn nacido en Kongsbert, Noruega, o 14 de agosto de 1924, e falecido o 23 de febreiro de 2009, foi un arquitecto noruegués.

Recibiu a súa curta formación da arquitectura logo da Segunda Guerra Mundial en Oslo, e axiña converteuse no líder dos arquitectos da súa xeración.

Á idade de 34 anos gañou o seu recoñecemento internacional grazas o deseño do Pavillón de Noruega na Exposición Universal de Bruxelas de 1958. Nos sesenta fixo dous traballos que marcarían dous cumes na súa carreira: o Pavillón Nórdico na Biennale de Venecia e o Museo Hedmark en Hamar, Noruega.

Pero o momento máis importante da súa carreira coma arquitecto chega cando é galardonado co Premio Pritzker da Arquitectura no ano 1996 e a Medalla de Ouro Heinrich Tessenow.

[editar] Principais proxectos

  • Casa de anciáns de Økern en Oslo (1955), en colaboración con Geir Grung
  • Pavillón de Noruega na Exposición Internacional de Bruxellas (1958)
  • Pavillón dos Países Escandinavos na Bienal de Venecia (1962)
  • Escola Skådalen en Oslo 81971-77)
  • Casa Brick en Baerum (1986)
  • Casa Kise en Skien (1987-90)
  • Casa Busk en Bamble (1990)
  • Museo de Ghiacciai en Finlandia (1991)
  • Casa Eco en Norrkoping en Suecia (1991-92)
  • Museo de Aukrust en Alvdal (1995)
  • Centro de Ricerca del Museo de Ghiacciai en Finlandia (1995)
  • Centro Ivar Aasen en Ørsta (2000)
  • Museo da Fotografía en Horten (2001)

[editar] Bibliografía

  • O segredo da Sombra: Luz e Sombra na Arquitectura, 2002 con escritos de Sverre Fehn
  • Sverre Fenh, A poesía da liña recta (Den rette linjes poesi), 1992
  • Per-Olaf Fjeld, Sverre Fehn no Pensamento da Construcción, Rizzoli International, 1983
  • Yukio Futagawa, Sverre Fehn. Museo Glaciar. O Centro Aukrust, no "GA Domument 56", 1998
  • Sverre Fehn. Studio Holme, in "GA Houses 58", 1998
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas