National Gallery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°30′31″N 00°07′42″W / 51.50861°N 0.12833°W / 51.50861; -0.12833


National gallery of London
National Gallery head-on shot.jpg

Fachada da National Galley dende Trafalgar Square

País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Cidade Londres
Director Nicholas Penny
Inauguración 1824
Visitantes 5.253.216 (2011)
Sitio web www.nationalgallery.org.uk
Interior da National Gallery dende a súa entrada principal.

A National Gallery ou Galería Nacional é o principal museo de arte de Londres, sito na parte norte de Trafalgar Square. Exhibe pintura europea de 1250 a 1900, prodecente da colección nacional de arte do Reino Unido [1]. A colección permanente, que consta de 2,300 pinturas, pertence ao Estado británico, polo que a entrada é publica, só sendo necesario pagar para asistir a determinadas exposicións especiais. Ten entre 4 e 5 millóns de visitantes ao ano.

Maila ser fundada sen unha colección real que a sustentase, a National Gallery converteuse nunha galería de arte de sona internacional dende a súa fundación en 1824. Foi conformada inicialmente polos seus primeiros directores, incluído o pintor Sir Charles Lock Eastlake, e aumentada con doazóns privadas, que hoxe en día compoñen dous terzos da súa colección permanente. Aínda que de tamaño reducido en comparación con outras pinacotecas coma o Louvre, a National Gallery destaca por amosar obras mestras de toda a Historia da Arte occidental, sendo posible admirar a través da súa colección a evolución dos estilos pictóricos dende o comezo do Renacemento ata o Postimpresionismo. A galería orixinal do século XIX baseábase fundamentalmente na arte italiana e no neerlandesa, pero pouco a pouco foi adquirindo obras de arte moderna.

A galería foi aloxada en tres edificios diferentes, cada un dos cales resultou co tempo pouco axeitado para os propósitos expositivos. O edificio actual foi comezado por Williams Wilkins e sufriu notables ampliacións, cuxas obras principais foron a cargo de Edward Middleton Barry e Robert Venturi. Dende 2002 e ata 2006, o director da institución foi Charles Saumarez Smith. Dende decembro de 2007, o prestixioso historiador de arte Nicholas Penny está á fronte da galería.

Colección[editar | editar a fonte]

A Virxe das Rochas, de Leonardo da Vinci, posterior á copia do Louvre.

Fronte á riqueza asimétrica de moitos museos de orixe real, a National Gallery é un museo bastante homoxéneo en calidade e variedade, cunha mostra moi extensa da historia da pintura. A súa política foi sumamente ríxida: adquirir só pinturas (non hai esculturas nin obxectos decorativos coma noutros museos) e sempre da máxima calidade. Asemade, hai que considerar as achegas do coleccionismo privado. Nos séculos XVIII e XIX a aristocracia británica foi seguramente a máis activa de Europa adquirindo obras mestras europeas, e gradualmente, moitas destas obras foron ingresando na National Gallery.

A colección do Renacemento italiano é moi famosa e está considerada coma o exemplo máis completo desta arte fóra de Italia. Así, algúns artistas italianos teñen maior presenza nesta galería que noutros museos de sona do seu país. Destacan as obras de Piero della Francesca, a colección de Rafael e as pinturas de Tiziano, na súa maior parte procedentes da súa etapa xuvenil.

A colección holandesa do século XVII é tamén considerable, con abundantes obras de Rembrandt. A colección de pintura española é reducida en número, pero abrangue obras fundamentais dende Bartolomé Bermejo ata Goya. Destaca a Venus do espello, de Diego Velázquez.

Entre as obras máis destacadas que se poden ver nesta pinacoteca atópanse:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A escultura e as artes decorativas atópanse no Victoria and Albert Museum. O Museo Británico exhibe arte antiga, arte non occidental, gravados e debuxos, e a arte contemporánea está na Tate Modern. Parte da arte británica atópase na National Gallery, pero a meirande colección nacional de arte británica atópase na Tate Britain.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]