Richard Rogers
Richard George Rogers, nado o 23 de xullo de 1933, é un arquitecto británico coñecido ao redor do mundo polos seus modernos e funcionais deseños. Naceu en Florencia no 1933 e estudou na Architectural Association School of Architecture de Londres, antes de obter o graduado na Escola de Arquitectura da Universidade de Yale no 1962. Entre outos moitos recoñecementos, recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura no 2007.
Índice |
Os seus comezos [editar]
Na Universidade de Yale coñeceu a Norman Foster, co cal formaría no seu retorno á Inglaterra o grupo de practicas Team 4 (Equipo de catro) e mais coas súas respectivas mulleres, Sue Rogers e Wendy Cheesman. Non pasou moito tempo para que comezaran a gañar reputación e fama polos seus deseños industriais high-tech.
No 1967, logo de rematar o seu período de prácticas, únese ao arquitecto Renzo Piano. Un dos seus primeiros encargos foi unha casa e estudo para Humphrey Spender preto de Maldon, Essex. Tratábase dun cubo de vidro cunha estrutura feita na súa meirande parte con vigas de aceiro en I. A súa carreira despegou cando gaña o concurso para o deseño do Centro Pompidou de París o 13 de xullo de 1971 xunto con Renzo Piano e Peter Rice. Neste deseño establecíase un dos sinais máis recoñecíbeis do que logo será o seu estilo. Trátase de deixar visíbeis ao exterior a maioría das instalacións do edificio, como a instalación de auga, calefacción e escaleiras, deixando deste xeito os espazos interiores baleiros e cun certo orde. Aínda que o Centro Pompidou é agora un dos espazos máis visitados e admirados da capital francesa, non se librou dunha certa controversia por parte dos críticos nos primeiros anos logo da súa inauguración, poñendo en dúbida o novidoso estilo "inside-out" (o de dentro para fóra).
Principais proxectos [editar]
- A Casa Roger Wimbledon (1967).
- Centro Pompidou París (1972–78).
- Edificio Lloyd Londres (1979–84).
- Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos Estrasburgo (1984).
- Estadio Millenium Londres (1999).
- Y Senedd, o novo edificio da Asemblea Nacional de Gales, Cardiff (2006).
- Aeroporto de Barajas Terminal 4, Madrid (2005).
- 88 Wood Street Londres (1993-2001).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||