Gordon Bunshaft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exterior do museo Hirshorn, Washington, DC

Gordon Bunshaft, nado o 9 de maio de 1909 en Buffalo, Nova York e finado en Nova York o 6 de agosto de 1990, foi un arquitecto estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado no Institudo de Tecnoloxía de Massachusetts. Bunshaft traballou con Edward Durell Stone e tamén co deseñador industrial Raymond Loewy.

Foi un modernista cuxas influencias incluíron a Mies van der Rohe e Le Corbusier. O seu deseño máis coñecido é a Lever House. O seu deseño do Manufacturers Hanover Trust Branch Bank (1953), o primeiro banco transparente da posguerra na costa leste é un deseño modernista. A súa residencia familiar, de 210m², é a Travertine House, feita para a súa familia e mercada por Marha Stewart no ano 1995 ata o 2005. A casa foi destruída en xullo do 2005 polo novo dono, Donald Maharam.

Na década dos cincuenta, Bunshaft foi escollido pola Oficina do Departamento de Estado de Operacións en edificios extranxeiros como colaborador no deseño de varios consulados na Alemaña.