Kenzō Tange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Kenzō Tange (丹下健三, Tange Kenzō; 4 de setembro de 191322 de marzo de 2005) foi un arquitecto xaponés gañador do Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1987. Foi un dos máis significativos arquitectos do século XX, mesturando o estilo tradicional xaponés co modernismo, e deseñando edificios monumentais ao longo de todo o mundo.

No ano 1949 gañou a competición do redeseño de Hiroshima, logo da bomba atómica no ano 1945. O seu deseño para o Parque da Paz e o Memorial da Paz lembran moito a Le Corbusier, e son chamados moitas veces como "o corazón espiritual da cidade". Unha das razóns polas que fixo o proxecto foi que el estudara nesa cidade na súa xuventude.

Tange gañou fama e recoñecemento internacional polo seu deseño do ximnasio para os Xogos Olímpicos de Verán de 1964 en Tokio. Unha referencia do Premio Pritzker descríbeo como "un dos edificios máis bonitos do século XX".

Tamén foi coñecido polo seu "Plan para Tokio" no 1960, no cal fixo unha proposta radical para o redeseño da cidade. Aínda que non foi aplicado na súa totalidade, marcou moita influencia en arquitectos de todo o mundo.

No ano 2005, o seu funeral foi realizado nun dos seus traballos, a Catedral de Tokio.

Principais proxectos[editar | editar a fonte]

  • 2005: Hwa Chong Institution Boarding School, Singapur
  • 2000: Hotel Tokyo Dome
  • 1998: WKC Centro de denselvolvemento da Saúde, Kobe, Hyogo
  • 1996: Edificio da Televisión Fuji, Odaiba, Tokyo
  • 1991: Edificio do Goberno Metropolitano de Tokio, Shinjuku
  • 1986: Universidade Tecnolóxica de Nanyang, Singapore
  • 1979: Hanae Mori Edificio Aoyama, Tokio
  • 1970: Emprazamento da Expo '70, Suita, Osaka
  • 1964: Yoyogi Ximnasio Nacional para os Xogos Olímpicos de 1964, Tokio
  • 1964: Catadral da Santa María, Catedral de Tokio (Católico Romana), Tokio
  • 1958: Kagawa Prefectural Edificio Gobernamental, Takamatsu, Kagawa
  • 1955: Parque da Paz de Hiroshima

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]