Ryue Nishizawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ryūe Nishizawa (西沢 立衛, にしざわ りゅうえ), nado no 1966 en Toquio (Xapón), é un arquitecto que, xunto a Kazuyo Sejima, fundou a firma de arquitectura SANAA (Sejima + Nishizawa e Asociados) no ano 1995. Ademais de SANAA, ámbolos dous, Nishizawa e Sejima, levan a cabo estudos independientes centrados, na súa meirande parte, en proxectos locais pequenos. No 2010, xunto a súa compañeira Kazuyo Sejima foi galardoado co Premio Pritzker.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ryūe recibiu o seu título de arquitecto no 1990 na Universidade nacional de Yokohama. Entrou a traballar a Kazuyo Sejima & Associates até que no 1995 fundou xunto con Kazuyo Sejima o estudio SANAA (Sejima + Nishizawa). No 1997, iniciou a súa carreira independente "Estudio de Ryue Nishizawa", paralelamente ao estudio que ten coa súa compañeira. Dende o 2000 foi profesor invitado en varias escolas como a Escola de Deseño da Universidade de Harward e da Universidade de Princeton (EE. UU.) Dende o 2001 é profesor da Universidade Nacional de Yokohama no departamento de proxectos.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 2001. Apartamentos Ichikawa en Chiba, Xapón.

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1999. Premio Yoshioka, The Japan Architect, pola Casa de Fin de Semana.
  • 1999. Premio Deseño de Exposición 99.
  • 2000. Premio en Arquitectura Residencial pola Asociación de Arquitectos e Enxeñeiros da Construción de Toquio, pola Casa de Fin de Semana.
  • 2001. Premio Kajima, revista SD 2001 polos Apartamentos Ichikawa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]