Zaha Hadid
Zaha Hadid, en árabe: زها حديد, nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950, é unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Índice |
[editar] Traxectoria
Estudou Matemáticas na Universidade Americana de Beirut. Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Depois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí a diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
[editar] Proxectos
Grande parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto de súa obra. Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitetura.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||