Rem Koolhaas
Rem Koolhaas (Róterdam, 17 de novembro de 1944) é un arquitecto neerlandés que comezou a súa carreira como xornalista e argumentista. É a parte principal da Oficina pola Arquitectura Metropolitana, ou OMA (Office for Metropolitan Architecture). Tamén é profesor de Arquitectura Práctica e Deseño Urbano na Universidade Harvard.
Autor dalgunhas obras relevantes, a súa produción bibliográfica é tamén de elevado interese, especialmente o libro S,M,L,XL (en colaboración co deseñador Bruce Mau) e "Delirious New York".
No ano 2000 foi laureado co Premio Pritzker de Arquitectura.
Principais Proxectos [editar]
- Euralille (Lille- Francia, 1988)
- Biblioteca Central de Seattle - EEUU
- Whitney Museum en Nova York - EEUU
- Campus Center en Chicago - EEUU (2003)
- Prada Epicenter(2004) e New York Epicenter(2002) - EEUU
- Casa da Música (Porto) - Portugal
- Central Chinese Television (Pequín) - China
Ligazóns externas [editar]
|
|||||