Luis Barragán
Luis Barragán, nado en Guadalaxara o 9 de marzo do 1902 e finado na Cidade de México o 22 de novembro de 1988, foi un dos máis importantes arquitectos mexicanos do século XX.
Índice |
Traxectoria [editar]
Graduouse coma enxeñeiro na Escola Libre de Enxeñeiros no ano 1923, sendo logo un arquitecto autodidacta. Despois da graduación, viaxou intensivamente pola España, Francia (onde coñeceu a obra de Le Corbusier) e Marrocos. Proxectou en Guadalajara, dende o 1927 até o 1936, e na Cidade de México despois. No 1945 creou o planeamento urbanístico de Pedregal de San Ángel, e no 1955 reconstruíu o histórico convento das Capuchinas Sacramentarias en Tlalpan, ámbolos dous situados no sur da Cidade de México. No 1957 comezou o deseño do que se convertería nas Naucalpan's Satelite Towers, e no mesmo ano deseñou o complexo residencial Las Arboledas. No ano 1964 deseñou o complexo Lomas Verdes, preto da zona do Satélite, no Naucalpan, Estado de México.
No ano 1980, converteuse no segundo gañador do Premio Pritzker.
Proxectos [editar]
- 1927 Reforma da Casa de León Robles, Guadalaxara, México.
- 1928 Casa de Aguilar, Guadalaxara, México.
- 1930 Casa de Gustavo Cristo, Guadalaxara, México.
- 1931 Casa de Efraín González Luna, Guadalaxara, México.
- 1934-35 Parque Revolución, Guadalaxara, México.
- 1936 Edificio Avenida de México 143, Cidade de México, México.
- 1937 Edificio calle Lerma esquina con Guadiana, Cidade de México, México.
- 1936-40 Edificio plaza Melchor Ocampo, Cidade de México, México.
- 1945 Jardines del Pedregal, Cidade de México, México.
- 1945-50 Casa Eduardo Prieto Lopez, Cidade de México, México.
- 1947 Casa Barragán (Casa Manifesto), calle Francisco Ramírez nº 14, Tacubaya, Cidade de México, México.
- 1948 Duas casas na Avenida das Fuentes 10, San Angel, Cidade de México, México.
- 1952-1955|55 Capela e restauración do Convento das Capuchias Sacramentais do Puríssimo Corazón de María, Cidade de México, México.
- 1955 Casa Gálvez, Cidade de México, México.
- 1957-58 Torres de la Ciudad Satélite, Cidade de México, México.
- 1958 Las Arboledas, Cidade de México, México.
- 1963 Los Clubes, Cidade de México, México.
- 1967-68 Manzana de San Cristóbal, Cidade de México, México.
- 1972 Capilla de Lomas Verdes, Cidade de México, México.
- 1976 Casa Gilardi, Cidade de México, México.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||