Gottfried Böhm
| Gottfried Böhm | |
|---|---|
| Gottfrid Böhm en 2009. | |
| Nacemento | 23 de xaneiro de 1920 (93 anos) Offenbach, Alemaña |
| Obras destacadas | Igrexa en Neviges (1962). |
| Premios | Premio Pritzker 1986 |
Gottfried Böhm nado o 23 de xaneiro de 1920 en Offenbach, é un arquitecto[1] contemporáneo alemán.
Índice |
Traxectoria[editar]
Böhm naceu no seo dunha familia de arquitectos en Offenbach, Hesse. O seu pai, Dominikus Böhm, construiu moitas igrexas ao longo da Alemaña. O seu avó tamén foi arquitecto. Logo de obter o título de arquitecto pola Universidade Técnica de Múnic no ano 1946, estudou escultura na Academia de Belas Artes. Despois do 1947, Böhm traballou xunto co seu pai ata o falecemento deste no ano 1955. Böhm saíu pouco despois da firma. Durante este período, tamén traballou coa Sociedade de Reconstrución de Colonia baixo as ordes de Rudolph Schwarz. No 1951, mudouse a Nova York onde traballou seis meses na firma Cajetan Baumann. No transcurso das súas viaxes por América, atopou dúas das súas maiores inspiracións, os arquitectos alemáns Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius.
Nas vindeiras décadas, Böhm construiu moitos edificios na Alemaña, incluíndo igrexas, museos, centros sociais, edificios de oficinas, casas e apartamentos. Foi considerado un arquitecto expresionista e un pos-Bahaus, el prefire referirse a si mesmo coma un arquitecto que crea "conexións" entre o pasado e o futuro, entre o mundo das ideas e o mundo físico, entre un edificio e o contexto urbano que o rodea. Neste eido, Böhm sempre visiona a cor, a forma e os materiais en relación coas ferramentas. Os seus proxectos máis novos foron feitos a maioría en formigón armado, aínda que máis recentemente comezou a usar máis aceiro e vidro nos seus edificios. En moitos dos seus traballos, a súa idea de planeamento urbanístico é evidente, incluíndo a súa idea da "conexión".
Obras destacadas[editar]
- Igrexa en Neviges[2] (1962).
- Igrexa en Colonia (igrexa, biblioteca, e centro da xuventude)[3] (1968).
- Zublin Office Building [4] (1985) en Stuttgart.
- Casa do Concello en Bensberg.
- Edificio Municipal Rheinberg.
- Restaurante en Bad Kreuznach.
- Centro Social en Bergisch Gladbach.
- Magasin Peek+Cloppenburg en Berlín.
- Deutsche Bank en Luxemburgo.
Premios[editar]
- Grande Medaille d'Or de l'Academie d'Architecture.
- Frith Schumacher Prize for Architecture.
- Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1986.
Notas[editar]
- ↑ Biografía en epdlp.com.
- ↑ Ficha do edificio en epdlp.com.
- ↑ Ficha do edificio en epdlp.com.
- ↑ Ficha do edificio en epdlp.com.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Biografía e obras en soloarquitectura.com. (en castelán).
- Biografía en architect.architecture.sk (en inglés).
|
|||||
