SANAA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escola de Deseño Zollverein, Essen.
Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York
Centro Comunitario Rolex, Lausana.
Pavillón da Serpentine Gallery, Londres

SANAA é un estudio de arquitectura xaponés creado no 1995 por Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa (Sejima + Nishizawa e Asociados). Acumulan numerosos premios, tales como o León de Ouro da Bienal de Venecia (2004), a Medalla conmemorativa Arnold Brunner da Academia americana das artes e das letras (2002), así coma o maior recoñecemento no eido da arquitectura, o premio Pritzker (2010). Aínda que nos seus comezos proxectaban bidimensionalmente, as súas últimas obras enfócanse máis tridimensionalmente.

Posicionamento[editar | editar a fonte]

Defínense como arquitectos que seguen unha única liña coherente e fixa, preocupándose pola relación interior/exterior. Conceptualmente preocúpanse por resolver adecuadamente un programa dentro dun edificio, inquietándolles como se moverán as persoas no seu interior e como a nova edificación vai afectar ao espazo exterior e viceversa.

Procesan admiración por Le Corbusier, Ludwig Mies van der Rohe e Oscar Niemeyer. Dos arquitectos aínda en vida, admiran a Frank Gehry, Rem Koolhaas e Álvaro Siza.

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1998. Premio do Instituto de Arquitectura de Xapón polo mellor Estudo Multimedia.
  • 2000. Premio de Arquitectura Erich Schelling, Karlsruhe, Alemaña.
  • 2002. Premio de Arquitectura Arnold W. Brunner, Academia Americana das Artes e as Letras, Nova York, EUA.
  • 2002. Premio de Arquitectura Vincenzo Scamozzi, Salzburgo, Austria.
  • 2004. León de Oro da Bienal de Venecia pola obra máis significativa da exposición Metamorph polo Museo de Arte Contemporánea do Século XXI en Kanazawa e Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna.
  • 2005. Premio das Artes na Categoría de Arquitectura do xornal Mainichi.
  • 2005. Premio Rolf Schock na Categoría de Artes Visuais, Suecia.
  • 2006. Premio do Instituto de Arquitectura de Xapón.
  • 2007. Premio Mario Pani na Cidade de México.
  • 2007. Premio das Artes de Berlín.
  • 2010. Premio Pritzker.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SANAA

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]