A Balsa, Muras
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Balsa.
| A Balsa | |
|---|---|
| Concello | Muras |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2007) 114 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 23 |
A Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o INE, no ano 2007 tiña 114 habitantes, o que supón un descenso respecto ó ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab/km²). Conta con 23 lugares.
Índice |
[editar] Xeografía
Limita coas parroquias do Viveiró (concello de Muras), Vilapedre, San Simón (concello de Vilalba), Montouto (concello de Abadín) e O Cadramón, (concello do Valadouro).
Aínda que o seu emprazamento é relativamente remoto, na actualidade a distancia en tempo aos núcleos urbanos próximos coma As Pontes ou Vilalba non excede da media hora en coche.
A economía da parroquia depende en grande parte do sector gandeiro e das pensións de xubilación. Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica coas empresas Acciona e Norvento, pero non repercute no emprego da poboación local.
Pertence á serra do Xistral, e toda a parroquia está protexida pola Rede Natura como turfeira. Na parte balsega da serra, no lugar chamado Camposas de Abaixo, nace o río Eume. Este río transcorre, despois de pasar por Montouto, polo límite entre A Balsa e San Simón e Vilapedre.
[editar] Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída no século XII e rematada no XIII. Está fabricada con cachotería de granito e cuberta con lousa, é de planta rectangular e consta de pórtico, nave rectangular, capela maior e sancristía na cabeceira. Tanto fachada coma pórtico e capela maior datan do século XVII. A fronte ten a porta principal, con arco alintelado. A espadana elévase sobre a sancristía: é de dous corpos e tres vans e data do século XVIII. Ten unha porta lateral no muro dereito con arco oxival do século XIII visible dende o interior do edificio, pois leva lintel exterior con inscrición Es iglesia de refugio. No interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior renacentista e retablos laterais barrocos, con tallas.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares da Balsa
| Lugares da parroquia da Balsa no concello de Muras (Lugo) | |
|---|---|
|
O Aguillal | O Alto | As Bargañas | Bustate | Cabana | Carreiros | Os Carrís | A Casa Lousada | O Cotelo | Currás | Ferreiro | Ferreiros | A Fonqueixeira | Os Orxás | Pardiñas | Os Pereiros | Ponte Bermuz | A Ponte | Rego | Suapena | Taboi | Vilariño |
[editar] Parroquias de Muras
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Muras | |
|---|---|
|
Ambosores (Santa María) | A Balsa (Santa María) | O Burgo (Santa María) | Irixoa (San Xillao) | Muras (San Pedro) | Silán (Santo Estevo) | O Sisto (Santa María) | O Viveiró (Santa María) |