Lagomorfos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lagomorfos | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Coello bravo (Oryctolagus cuniculus), fotografado nas Illas Cíes. |
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Familias | ||||||||||||
Os Lagomorfos ou Lagomorpha constitúen unha orde dentro da clase dos Mamíferos. Inclúe dúas familias, Ochotinadae (pikas) e Leporidae (coellos e lebres).
Características [editar]
Posúen dous pares de dentes incisivos superiores, a diferenza do único par presente nos roedores. Medran continuamente, como nos roedores, pero diferéncianse destes en que están recubertos por unha capa de esmalte por ambas as dúas caras. O segundo par, situado en posición posterior ao primeiro, está composto por incisivos moito máis pequenos.