Laboratorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laboratorio de bioquímica.

Un laboratorio é un lugar equipado con diversos instrumentos de medida ou equipos nos cales se realizan experimentos ou investigacións diversas, segundo a rama da ciencia á que se dedique.

A súa importancia, ben sexa en investigacións ou a escala industria,l e en calquera das súas especialidades (química, dimensional, electricidade, bioloxía etc.), radica no feito de que as condicións ambientais están controladas e normalizadas, de modo que:

  1. Pódese asegurar que non se producen influencias estrañas (ás coñecidas ou previstas) que alteren o resultado do experimento ou medición: Control.
  2. Garántese que o experimento ou medición é repetible, é dicir, calquera outro laboratorio podería repetir o proceso e obter o mesmo resultado: Normalización.

Condicións de laboratorio normalizadas[editar | editar a fonte]

Temperatura[editar | editar a fonte]

A temperatura ambiente normal é de 20 °C, variando as tolerancias en función do tipo de medición ou experimento a realizar. Amais, as variacións da temperatura (dentro do intervalo de tolerancia) han de ser suaves, por exemplo en laboratorios de metroloxía dimensional, limítase a 2 °C/h (sendo o intervalo de tolerancia de 4 °C).

Humidade[editar | editar a fonte]

Usualmente convén que a humidade sexa a menor posible porque acelera a oxidación dos instrumentos (comunmente de aceiro); así a todo, para lograr a habitabilidade do laboratorio non pode ser menor do 50%.

Presión atmosférica[editar | editar a fonte]

A presión atmosférica normalizada acostuma a ser, en laboratorios industriais, lixeiramente superior á externa (25 Pa) para evitar a entrada de aire sucio das zonas de produción ó abrir as portas de acceso. No caso de laboratorios con risco biolóxico (manipulación de axentes infecciosos) a situación é a contraria, xa que debe evitarse a saída de aire do laboratorio que pode estar contaminado, polo que a presión será lixeiramente inferior á externa.

Alimentación eléctrica[editar | editar a fonte]

As variacións da tensión da rede deben limitarse cando se realizan medidas eléctricas que poden verse alteradas pola variación da tensión de entrada nos aparatos.

Po[editar | editar a fonte]

Contrólase, por exemplo, en laboratorios de interferometría xa que a presenza de po modifica o comportamento da luz ó atravesar o aire.

Vibración e Ruído[editar | editar a fonte]

Á marxe da incomodidade que supón a súa presenza para investigadores e técnicos de laboratorio, poden falsear medicións realizadas por procedementos mecánicos. É o caso, por exemplo, das Máquinas de medir por coordenadas.

Tipos de Laboratorios[editar | editar a fonte]

Laboratorio de metroloxía[editar | editar a fonte]

Os laboratorios de metroloxía clasifícanse xerarquicamente de acordo á calidade dos seus patróns. Inda que as estruturas poden variar en cada país, por regra xeral existen tres niveis:

  1. Laboratorio nacional: É o que posúe o patrón nacional primario e os nacionais de transferencia (os empregados realmente para evitar o desgaste do primario).
  2. Laboratorio intermedio: Tipicamente son laboratorios de Universidades, Centros de Investigación e similares.
  3. Laboratorio industrial: Nas propias instalacións da empresa, para a realización do control de calidade ou o ensaio de prototipos.

As condicións serán tanto máis estritas canto máis alto o nivel do laboratorio.

En calquera dos niveis, os laboratorios poden ser clasificados en función da natureza das medicións realizadas: metroloxía dimensional, metroloxía eléctrica, ensaio de materiais etc.

Cadro dun laboratorio de Pietro Longhi.

Laboratorio químico[editar | editar a fonte]

....

Laboratorio biolóxico[editar | editar a fonte]

Evolución histórica do laboratorio[editar | editar a fonte]

A historia do laboratorio está influída pola historia da medicina xa que o home, ó profundar sobre como é o seu organismo, require cada vez laboratorios máis sofisticados.

Técnicas analíticas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]