Roedores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Roedores
Rango fósil: Paleoceno – Actualidade
Funambulus palmarum
Funambulus palmarum
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Orde: Rodentia
Distribución combinada de tódalas especies de roedores

Distribución combinada de tódalas especies de roedores
Subordes

Os roedores (Rodentia) representan a rama máis abundante e distribuída dentro dos mamíferos. Actualmente hai entre 2.000 e 3.000 especies de roedores.

Recoñécense facilmente pola presenza dun único par de incisivos superiores de crecemento continuo cunha grosa capa de esmalte na parte dianteira. Os machos posúen un óso peneano e as femias útero dobre.

Inclúe especies coñecidas como esquíos, marmotas, castores, ratos, hámsters, lemmings, ratas, leiróns, cobaias, maras, agutís, pacas, chinchillas etc.