Músculo maseter
| Maseter | |
|---|---|
| Disección que amosa as glándulas salivares do lado dereito (Maseter visible no centro) | |
| Latín | musculus masseter |
| Gray's | subject #109 385 |
| Orixe | Arco cigomático e maxilar superior |
| Inserción | Apófise coronoide e ramo da mandíbula |
| Vascularización | Arteria masetérica |
| Inervación | Nervio mandibular (V3) |
| Accións | elevación (no fechamento da boca) e retracción da mandíbula |
| Antagonista | Músculo platisma |
O músculo maseter é un músculo da faciana, que se atopa na superficie externa no óso maxilar inferior. Trátase dun músculo curto, con tres planos: superficial, medio e profundo.
Índice |
Insercións do maseter [editar]
A nivel superior, este músculo insírese no arco cigomático. A nivel inferior, insírese na mandíbula, na súa superficie externa.
Relacións [editar]
A superficie interna deste músculo relaciónase cun paquete vasculonervioso, o maseterino. Tamén está en contacto coa apófise coronoide do maxilar inferior e co músculo buccinador e coa bolsa adiposa de Bichat.
A superficie externa relaciónase cos vasos que percorren a faciana: arteria transversa da faciana. Tamén cos músculos cutáneos da faciana e co conduto de Stenon, procedente da glándula parótide.
Inervación e vascularización [editar]
É inervado por unha rama colateral do nervio mandibular ou terceira rama do trixémino (V3), e vascularizado pola arteria masetérica, rama da maxilar interna.
Función [editar]
É un dos músculos mastigadores, cuxa acción é a de elevar a mandíbula e levala cara atrás.