Jakob Bernoulli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jakob Bernoulli.

Jakob Bernoulli (Basilea, 27 de decembro de 1654 - 16 de agosto de 1705), tamén coñecido como Jacob, Jacques ou James Bernoulli era un matématico e científico suizo, e o irmán maior de Johann Bernoulli.

Jakob Bernoulli coñeceu a Robert Boyle e Robert Hooke nunha viaxe a Inglaterra en 1676, despois do cal adicou a súa vida á ciencia e ás matemáticas. Deu clases na Universidade de Basilea desde 1682, converténdose en profesor de matemáticas en 1687.

Estaba dacordo con Gottfried Leibniz, e así aprendeu cálculo, e colaborou có seu irmán Johann.

Os seus primeiros papeis sobre curvas transcendentales (1696) e isoperimetría (1700, 1701) son exemplos tempranos da súa aplicación.

A súa obra mestra foi Ars Conjectandi (a arte das conxecturas), un traballo sobre a teoría da probabilidade. Foi publicado oito anos despois da súa morte (1713) polo seu sobriño Nicholas. Os conceptos proceso de Bernoulli e número de Bernoulli proceden do seu traballo, e por iso levan o seu nome.