Revolución científica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O concepto de Revolución científica da sociedade occidental de medieval en moderna, iniciada no século XVI por Nicolás Copérnico. Esta transformación foi o resultado dun cambio de mentalidade cara á natureza, dun novo pensamento científico. En tempos de Galileo, a física adquiriu o status de modelo de ciencia, modelo que debería seguir todo saber que quixese alcanzar a categoría de coñecemento científico. A tarefa da ciencia do século XVII foi atopar técnicas precisas para ter o control racional da experiencia e mostrar como conceptos matemáticos pódense utilizar para explicar os fenómenos naturais.

Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á capacidade para combinar as funcións de erudito e artesán. Para iso aceptou as técnicas dos artesáns - as lentes, o astrolabio, as bombas - e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos gregos e a escolástica medieval. A partir de datos repetibles, ordenados baixo principios matemáticos Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis de movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un razoamento indutivo.