Cálculo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A palabra cálculo provén do latín calculus (pedra). Dende tempos remotos o home axudábase de pequenas pedras para contar. Gregos e romanos empregaban o ábaco (composto de boliñas furadas que se desprazan por barras de ferro) para levar a cabo cálculos aritméticos. Dise tamén que os pastores contaban as ovellas do seu rabaño botando pedriñas a un bote á entrada e saída do curro.

Así pois, en matemáticas, este termo ten unha acepción elemental que ten que ver coa realización de contas: o cálculo aritmético denota os procedementos realizados mediante operacións de suma, resta, multiplicación e división de números.

En xeral enténdese por cálculo calquera combinación (respectando regras precisas) de símbolos (non necesariamente números) con operadores (por exemplo os aritméticos +,-,* e /) para obter un resultado concreto. Poderíase dicir que é un proceso deliberado de transformación dun ou varios datos iniciais nun ou varios resultados, a través do cal poidamos coñecer as consecuencias que se derivan duns datos previamente coñecidos. É esta concepción a que permítenos falar de distintos tipos de cálculo, cada un coa súa propia finalidade e regras: cálculo aritmético, cálculo infinitesimal (cálculo diferencial e integral), cálculo de probabilidades, cálculo proposicional, cálculo numérico, etc...

Con todo, a miúdo emprégase a palabra Cálculo a secas para se referir ao cálculo infinitesimal, en parte pola influencia do termo matemático inglés Calculus.