Universidade Politécnica de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Politécnica de Madrid
UPM-Rectorado--0.jpg
Escudo da Universidade no Reitorado
Localización: EspañaMadrid, España
Reitor: Carlos Conde Lázaro[1]
Estudantes: 39 450[2]
Enderezo: C/ Ramiro de Maeztu, 7
28040, Madrid (España)
Páxina web: http://www.upm.es
Supercomputador Magerit (CeSViMa)

A Universidade Politécnica de Madrid (UPM), é unha universidade pública con sede na Cidade Universitaria de Madrid e con instalación en varias localizacións de Madrid (Cidade Universitaria, Campus Sur en Vallecas, entre outras) e Boadilla del Monte.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundada en 1971 ao agrupar diversos centros xa centenarios que estaban adscritos a distintos organismos. As súas facultades ou escolas imparten maioritariamente ensinanzas técnicas, xa que na súa creación agrupou estas ensinanzas mentres que as ciencias experimentais e humanidades foron agrupadas na Universidade Complutense de Madrid.

Nos anos 2008, 2009 e 2010 algunhas das súas antigas escolas de enxeñeiros técnicos e escolas superiores, como as de Enxeñarías Aeronáuticas ou de Agrónomos, sufriron un proceso de fusión para adaptarse ás novas titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior. Xurdiron novos centros, localizados nos mesmos edificios, pero independentes dos centros existentes.

A UPM foi considerada como a mellor universidade politécnica de España durante os últimos anos na clasificación anual do diario El Mundo.

Campus e centros docentes[editar | editar a fonte]

Novas denominacións[3][editar | editar a fonte]

Actualmente iniciáronse os trámites para o cambio na denominación de oito das Escolas, este proceso consiste en obter o informe pertinente do Consello Interuniversitario da Comunidade de Madrid e a autorización do Consello de Goberno da Comunidade para, solicitar ao Goberno de España a inclusión dos novos nomes no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Telecomunicación pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Sistemas de Telecomunicación.
  • A Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo.
  • A Escola de Enxeñería Forestal e do Medio Natural pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Montes, Forestal e do Medio Natural.
  • A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Miñas e Enerxía.
  • A Escola Universitaria de Arquitectura Técnica pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería da Edificación.
  • A Escola Universitaria de Informática pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería de Sistemas Informáticos.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial.
  • A Escola Universitaria de Enxeñería Técnica de Obras Públicas pasará a denominarse Escola Técnica Superior de Enxeñería Civil.

Institutos Universitarios[editar | editar a fonte]

Centros de I+D[editar | editar a fonte]

Outros centros[editar | editar a fonte]

Antigos alumnos célebres[editar | editar a fonte]

Pedro Duque, un antigo alumno da universidade.

Reitores[editar | editar a fonte]

Desde a constitución da universidade, os reitores foron:

Notas[editar | editar a fonte]

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Universidade Politécnica de Madrid