Ramon Llull
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ramon Llull | |
|---|---|
| Ramon Llull | |
| Nacemento: | 1235 Palma de Mallorca, Coroa de Aragón |
| Falecemento: | 1315 Mar Mediterráneo |
| Lingua: | Catalán, árabe e latín |
| Xénero(s): | Teoloxía, Mística, Poesía |
Ramon Llull (en latín Raimundus ou Raymundus Lullus), nado en Palma de Mallorca en 1235 e finado en 1315, foi un escritor, teólogo e filósofo mallorquín. Considérase o primeiro grande escritor en catalán, ademais tamén escribiu en árabe e latín.
Índice |
Traxectoria [editar]
Nado en Mallorca, pouco despois da súa conquista, no seo dunha familia nobre, aos 31 anos deixa a súa familia e posición para se dedicar ao estudo e á predicación, obsesionándose coa conversión dos musulmáns e xudeus ao cristianismo, aínda que sempre polo convencemento, nunca pola violencia. Con esta finalidade, Llull, vai aprender o árabe e viaxar por Oriente. Escribe máis de 400 obras e vai ser o primeiro en escribir libros filosóficos e teolóxicos nunha lingua vulgar, o catalán.
Obras [editar]
- Llibre d'amic e amat
- Arbre de filosofia d'amor
- Llibre de les bèsties (forma parte de Blanquerna)
- Llibre dels mil proverbis
- Fèlix, o, Llibre de les meravelles
- Blanquerna
- Ars magna
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina dedicada a Ramon Llull en Lletra, espai virtual de literatura catalana (en catalán).
- Cronoloxía da vida de Ramon Llull
- Video "Ramon Llull" Dur. 100´, castelán
- Base de Dades Ramon Llull - Llull DB, Centre de Documentació Ramon Llull, Universitat de Barcelona
- Obras seleccionadas de Llull dixitalizadas na Biblioteca Virtual Joan Lluís Vives en catalán