Indias Orientais Neerlandesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O territorio baixo ocupación efectiva amosase en vermello. En laranxa a Nova Guinea Holandesa.

Indias Orientais Neerlandesas foi o nome das colonias estabelecidas pola Compañía Holandesa das Indias Orientais, que estiveron baixo a administración dos Países Baixos durante o século XIX.

A finais do século XVI, exploradores mariños (Van Linschoten en 1582 e mais as viaxes de Cornelis Houtman en 1592) prepararon o camiño para a expedición de Houtman a Bantam, o principal porto da Illa de Xava, en (1595-97), onde conseguíu unhas pequenas ganancias. A penetración holandesa nas Indias Orientais, que ata daquela eran posesión de Portugal foi lenta e levada dunha maneira discreta.

A Compañía Holandesa das Indias Orientais, creada en 1602, concentrou os esforzos comerciais holandeses baixo un único mando e unha política. En 1605 barcos mercantes neerlandeses capturaron o forte portugués de Amboyna nas Molucas, que constituíu a primeira base da VOC, nome que lle deron os neerlandeses á súa compañía. A Tregua dos Doce Anos asinada en Antuerpe en 1609 deu comezo a un cesamento das hostilidades entre Portugal e as Provincias Unidas. Nas Indias, a fundación de Batavia formou o centro desde onde as empresas holandesas, máis mercantís que coloniais, poderían ser coordenadas.

Un tras doutro, os neerlandeses tomaron o control dos portos das Indias Orientais: Malaca en 1641; Achem no antigo reino de Sumatra, 1667; Macassar, 1669 finalmente Bantam en 1682. Porén, as conexións cos portos da India proporcionou aos holandeses o algodón que intercambiaban por pementa negra.

A grande fonte de riqueza nas Indias Orientais, foi o comercio dentro do arquipélago onde as especias se adquirían con prata orixinaria de América, máis codiciable no Oriente que na Europa.

Concentrando os monopolios nas especias, a política neerlandesa fortaleceu o monocultivo. Amboina dedicouse ao Craveiro de India, Timor ao sándalo, as illas da Banda á noz moscada e á pemento. Esta política de monocultivo conectou as economías das illas a un sistema en que todas necesitaban das outras para satisfacer as súas necesidades.

En 1700 un modelo colonial estableceuse; a VOC medrou ata se converter nun estado dentro dun estado e ter un poder dominante dentro do aquipélago. Tras a liquidación da compañía en 1799, e tras o interregno británico durante as Guerras napoleónicas, o goberno dos Países Baixos retomou a administración ata a independencia de Indonesia en 1949 tras a Revolución Nacional de Indonesia.

A capital das Indias Orientais Holandesas foi Batavia, agora coñecida como Iacarta.