Pierre Gassendi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierre Gassendi, retratado por Louis Édouard Rioult.
Pierre Gassendi, nado en Champtercier (Provenza) o 22 de xaneiro de 1592 e finado en París o 24 de outubro de 1655, foi un sacerdote católico, filósofo, científico e matemático francés. É coñecido por tratar de reconciliar o atomismo de Epicuro co pensamento cristián.
Adversario do cartesianismo (mantivo relación epistolar con Descartes, presentándolle as súas obxecciones) e do aristotelismo escolástico. Resucitou o atomismo materialista de Epicuro e Lucrecio. Entre as súas obras destacan o Syntagma philosophiae Epicuri (anotacións ó décimo libro de Dióxenes Laercio) e a Disquisición metafísica.
[editar] Obras
- Tychonis Brahei, equitis Dani, Astronomorum Coryphaei, vitae Accessit Nicolai Copernici, Georgii Peurbachii, & Joannis Regiomontani, Astronomorum celebrium, Vita. Hagae Comitum (Den Haag), Vlacq, 1655.
- 'Œuvres complètes (6 vol.) editadas polo seu amigo e herdeiro Henri Louis Habert de Montmor, 1658.