Coruxo Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coruxo
Nome Coruxo Fútbol Club
Fundación 1930
Estadio O Vao,
Vigo, Galicia
Capacidade 1.500
Presidente Galicia Gustavo Falqué
Adestrador Galicia Rafa Sáez
Liga 2ªB – Grupo 1
2013–14 15º
Vestimenta Zico
Patrocinador Deputación de Pontevedra[1][2]
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Coruxo Fútbol Club é o equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga na Segunda División B desde a tempada 2010-11. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

Campo do Vao.

Historia[editar | editar a fonte]

O club nace en 1930 tras fusionarse con outro equipo da zona, o Mirambel, para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en Vigo e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de Coruxo e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a Liga do Val Miñor.

O club sofre un parón durante a Guerra Civil Española e non regresará ata 1945, cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En 1947, o equipo pasa a estar federado pola Federación Española de Fútbol e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.

Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende 1959 ata 1967, e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre 1984 e 1990, nas tempadas 1991-92 e 1995-96 e dende 2003 ata 2009. O seu mellor resultado foi na tempada 2006-07, cando quedou subcampión da categoría.

Disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B en tres ocasións:

  • En 2005, cando perdeu contra o Real Oviedo por 0-0 e 1-0, en primeira rolda[3].
  • En 2007, cando perdeu contra o Toledo por 2-0 e 2-2, en primeira rolda[4].
  • En 2008, cando perdeu contra o Alzira por 0-2 e 2-2, en primeira rolda[5].

Finalmente, na tempada 2009-10 logra o seu primeiro ascenso a Segunda División B tras gañar a AD Parla, SD Oyonesa e La Roda CF nas respectivas eliminatorias. Na súa primeira tempada na nova categoría consegue a permanencia na última xornada acabando na 14ª posición, logo dunha tempada regular na que só ocupou posicións de descenso na 2ª xornada. Na tempada 2011-12 acaba en 11ª posición.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta braquivermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
de 30-31 Rexional
a 58-59 Rexional
1959/60 10º
1960/61 13º
1961/62 11º
1962/63 13º
1963/64 14º
1964/65
1965/66 13º
1966/67 15º
de 67-68 Rexional
Tempada Categoría Posto
a 83-84 Rexional
1984/85 14º
1986/87 20º
1987/88
1988/89 16º
1989/90 18º
1990/91 Rex. Pref.
1991/92 19º
1992/93 Rex. Pref.
1993/94 Rex. Pref.
1994/95 Rex. Pref.
Tempada Categoría Posto
1995/96 20º
1996/97 Rex. Pref.
1997/98 Rex. Pref.
1998/99 Rex. Pref.
1999/00 Rex. Pref. 10º
2000/01 Rex. Pref.
2001/02 Rex. Pref. 12º
2002/03 Rex. Pref.
2003/04
2004/05
2005/06
Tempada Categoría Posto
2006/07
2007/08
2008/09
2009/10
2010/11 2ªB 14º
2011/12 2ªB 11º
2012/13 2ªB
2013/14 2ªB 15º
2014/15 2ªB

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]