Campus Universitario das Lagoas-Marcosende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°10′04″N 8°41′09″O / 42.167899, -8.6859117

Campus Universitario das Lagoas-Marcosende
Datos xerais
LocalizaciónZamáns
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

O Campus Universitario das Lagoas-Marcosende, tamén coñecido como Cidade Universitaria das Lagoas-Marcosende e anteriormente como Colexio Universitario de Vigo (CUVI), é o campus de maior extensión do Campus de Vigo, da universidade homónima. Sitúase nos montes da parroquia viguesa de Zamáns, concretamente preto de Marcosende e Cidáns. O lugar de Vilariño quedou enclavado dentro deste campus.

Historia[editar | editar a fonte]

O campus construíuse sobre terreos forestais situados principalmente na parroquia de Zamáns, aínda que tamén se viron afectadas Beade, Valadares e Bembrive[1]. Levouse a cabo un proceso de expropiación de máis dun millón de metros cadrados, tanto de predios particulares como comunais[2]. Para a ampliación de 1993, a Comunidade de Montes en Man Común de Zamáns rexeitou o prezo de 1.500 pesetas por metro cadrado, establecido polo Xurado Provincial de Expropiacións[3]. Este conflito, que derivou nos xulgados[4], non remataría ata 2017, cando chegou a un acordo co concello de Vigo[5].

O primeiro xermolo foi o Colexio Universitario de Vigo (CUVI), construído en 1977, actual facultade de Filoloxía[6]. A ampliación de 1993 construíuse segundo o modelo de cidade académica estadounidense. Abrangue facultades, residencia, complexos deportivos e de lecer e centro comercial[7]. Foi deseñada polos arquitectos Alberto Noguerol, Alfonso Penela[8], Benedetta Tagliabue[9], César Portela[9], Enric Miralles[10], Gabriel Santos Zas[9] e Pilar Díez[6].

Neste campus encóntranse a meirande parte das facultades da Universidade de Vigo:

Rueiro[editar | editar a fonte]

O Consello de Goberno da Universidade decidiu bautizar as rúas do campus en decembro do 2003, algunhas delas homenaxean a Leonardo da Vinci, a Galileo, a Erasmo, a Marie Curie, a Maxwell, a Enric Miralles, á Xeración Nós, á Ilustración e ás Cantigas[11][12]. Descartes, Sócrates, Xulio Verne, María Moliner, Severo Ochoa e Maruxa Mallo tamén se propuxeron, pero por diversos motivos foron desbotados.[11][13] O pleno do concello de Vigo do 31 de maio de 2004 acordou aceptar esta nomenclatura. Ademais, empregouse a microtoponimia para nomear outros viais, como As Pedras Miúdas, O Ferro Vello, A Fontefría, A Fonte das Abelleiras, As Devesas, O Camiño dos Arrieiros, A Cumieira e As Pedreiras[14].

En abril do 2019, acordouse bautizar os edificios de Xerencia-Servizos Centrais, Anexo á Xerencia e Reitoría cos nomes de Exeria, Filomena Dato e Ernestina Otero.[15] Outros edificios levan o nome de Isaac Newton e Enric Miralles.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mariño, Andrea (2017-02-28). "Zamáns recibirá un millón de euros por las expropiaciones del campus". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  2. "Miralles sueña el campus de la Universidad". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-27. Consultado o 2023-09-10. 
  3. "O concelleiro de Facenda cualifica de ”usura” a petición dos comuneiros de Zamáns polos terreos expropiados para a Universidade". xornal.vigo.org. Consultado o 2023-09-10. 
  4. "Cuatro millones para saldar la "deuda" con las comunidades de montes por las expropiaciones de la Universidad". Faro de Vigo (en castelán). 2017-07-17. Consultado o 2023-09-10. 
  5. Mariño, Andrea (2017-02-28). "Zamáns recibirá un millón de euros por las expropiaciones del campus". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  6. 6,0 6,1 "O Gran Cabrón". vertixesonora.gal. Consultado o 2023-09-10. 
  7. "Explora o campus de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-09-10. 
  8. Chao, Hilda Gómez, Alba (2021-04-10). "La arquitectura de Vigo al servicio de la formación, la investigación y la cultura". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-09-10. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "O campus de Vigo reencóntrase cos arquitectos que lle deron vida". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-09-10. 
  10. "Miralles sueña el campus de la Universidad". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-07-27. Consultado o 2023-09-10. 
  11. 11,0 11,1 "Las calles y plazas del campus han sido bautizadas con nombres de científicos". La Voz de Galicia (en castelán). 2003-11-10. Consultado o 2023-09-10. 
  12. "Acta do Consello de Goberno do 11 de decembro de 2023". Universidade de Vigo. Consultado o 11/09/2023. 
  13. "Acto do Consello de Goberno do 10 de novembro de 2003". Universidade de Vigo. Consultado o 11/09/2023. 
  14. "Acta do Consello de Goberno do 31 de maio de 2004". Concello de Vigo. Consultado o 10/09/2023. 
  15. "Exeria, Ernestina Otero e Filomena Dato xa dan nome a tres edificios da Universidade de Vigo". Praza Pública. 2019-04-22. Consultado o 2023-09-11.