Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 42°14′17″N 8°43′23″W / 42.23806°N 8.72306°W / 42.23806; -8.72306
A Rúa Reconquista é unha rúa da Cidade Olívica que debe o seu nome á conmemoración da expulsión do exercito francés, en 1809, por parte dos vigueses.
É curta, duns 150 metros de largo e entre 13 e 15 metros de ancho. Inclinada e formada por catro mazás, dúas a cada lado. De sentido único ascendente para o tráfico rodado.
Comeza na alameda da Praza de Compostela, Rúa Victoria. Na esquina dos pares está o edificio de Correos e Telégrafos, obra de 1920 de Manuel Gómez Román.[1] Na dos impares, no n.º 1, están as instalación nas que se fundou a Editorial Galaxia no ano 1951, edificio Iglesias Curty, do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.
Ascende cara ao sur, atravesando a rúa Marques de Valladares. Nunha desas esquinas álzase o edificio Banca Viñas Aranda, obra de 1941 de Antonio Palacios,[2] que logo sería sede do Banco de Vigo, posteriormente adquirido polo Banco Popular. Na outra o inmoble da Equitativa, proxectado en 1948 por Manuel Cabanyens y Mata.[3]
Remata na rúa Policarpo Sanz. Na esquina oeste, ocupando todo o quinteiro, érguese o Teatro García Barbón, de 1927, obra tamén de Palacios e sede do Centro Cultural Caixanova. Na leste atópase a Casa das Artes, sede da Fundación Laxeiro e o Arquivo Pacheco.
No número 11 desta rúa, viviu desterrado o escritor galego Plácido Castro,[4] «a voz que acadou o recoñecemento internacional de Galicia como nación».[5]
Galería de imaxes [editar]
|
|
|
Correos e Telégrafos, Rúa Victoria esquina coa Rúa Reconquista.
|
|
|
|
Banca Viñas Aranda, Marqués de Valladares coa R. Reconquista.
|
|
|
|
La Equitativa, Rúa Marqués de Valladares coa R. Reconquista.
|
|
|
|
Teatro García Barbón, Policarpo Sanz esquina Rúa Reconquista.
|
|
|
|
Casa das Artes, Rúa Policarpo Sanz coa Rúa Reconquista.
|
|
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Bibliografía [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
Algúns dos persoeiros que dan nome as rúas, prazas, avenidas, travesías, camiños, parques e paseos da Cidade olívica
|
|
|
|
|
Lugares e eventos de interese en Vigo
|
|
| Inmobles senlleiros |
|
|
| Arte e cultura |
|
|
| Instalacións deportivas |
|
|
| Outros lugares |
|
|
| Eventos |
|
|