Real Club Náutico de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sede do club, do arquitecto Castro Represas.

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo, provincia de Pontevedra (Galiza). O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede.

O 17 de abril de 1906 fúndase o Real Club Náutico de Vigo coa ilusión principal dos seus fundadores de aglutinar aos deportes náuticos na cidade. A filosofía daqueles deportistas de principios de século era que unha cidade como Vigo, que vivía do mar e cara ao mar, esixía e merecía ter un Club Náutico. O seu primeiro Presidente foi D. Antonio Conde quen ofreceu a rei Alfonso XIII a presidencia de Honra do novo Club Náutico de Vigo. O 7 de agosto daquel mesmo ano aceptou, polo que se incorporou o termo Real ao nome do club.

Entre 1926 e 1929 a sede do club foi un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Klosofic, fondeado fronte ao peirao actual. Nas súas cubertas celebrábanse festas de alto nivel social, e nas adegas gardábanse as embarcacións.

O 4 de agosto de 1945 inaugurouse o seu edificio social no centro da cidade ao lado do mar. Os arquitectos da sede social foron Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez.

En 1967 o Náutico abre a súa piscina cuberta climatizada, a primeira da Galiza. A nova piscina dá un enorme impulso ao deporte de natación e wáter-polo no club permitindo aos deportistas adestrar todo o ano.

Outras instalacións.

En 1987 o club amplía as súas instalacións ao comprar o antigo Club chamado Los Abetos no Concello de Nigrán.

O maior éxito da súa sección de remo foi o título da Liga Galega de Traiñeiras acadado en 2008, mais non puido acadar o ascenso á Liga ACT no play-off.

Regatas[editar | editar a fonte]

Entre as numerosas regatas que organiza, destacan as seguintes:

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]