Tracy Chapman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tracy Chapman.

Tracy Chapman, nada en Cleveland (Ohio) o 30 de marzo de 1964, é unha cantante de música pop estadounidense, vencedora por diversas veces do Grammy, tornada mundialmente famosa pola súa canción "Baby Can I Hold You".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tracy Chapman toca a guitarra e escribe cancións desde nena. Ingresou no programa A Better Chance, o que lle permitiu frecuentar a Wooster School, en Connecticut e posteriormente a Universidade Tufts, en Medford (Massachussets). En maio de 2004 esta Universidade concedeulle o título de doutora honoris causa en belas artes, pola súa contribución como unha artista socialmente comprometida e polas súas realizacións artísticas.

Aínda estando na facultade, Chapman comezou a presentarse nas rúas, tocando o seu violón en cafés de Cambridge, Massachussets. Mentres esperaba a súa graduación académica, asinou contrato coa SBK Records, en 1988, lanzando o seu primeiro álbum, titulado Tracy Chapman -que foi logo aclamado pola crítica-, e comezou a realizar xiras e conquistar o público. Após a súa aparición nun programa de TV, en homenaxe aos setenta anos de Nelson Mandela, en xuño, a canción "Fast Car" alcanzou o cume das listas de éxitos nos Estados Unidos, ficando entre as 10 mais executadas da lista da Billboard Hot 100, con outras cancións na lista como "Baby Can I Hold You".

O disco vendeuse ben, alcanzando varios certificados de venda da RIAA (discos de platina), e facéndoa vencer no ano seguinte (1989) catro Grammy Awards, inclusive a de mellor artista revelación.

Chapman tornouse, despois disto, unha artista ligada a Amnistia Internacional, participando da xira "Human Rights Now!". Segundo algunhas fontes, Chapman tornouse unha das mais influentes artistas no medio universitario norte-americano, nos anos 80.

O seu álbum seguinte, Crossroads (1989), non tivo o mesmo éxito comercial. En 1992, cando lanzou o seu traballo seguinte - Matters of the Heart - o seu público quedaba restrinxido a fans dedicados. A pesar de todos acreditaren ter bloqueado a súa carreira, sorprendeu os analistas en 1995, con New Beginning, que vendeu mais de 3 millóns de copias apenas nos EUA, e rendeulle un Grammy, en 1997, de mellor canción de rock.

En 2000 Telling Stories foi un álbum con músicas mais envorcadas cara ao rock que cara ao estilo pop, que até entón practicara. A canción que dá título ao disco foi bastante executada nas radios europeas, e nalgúns segmentos norteamericanos.

O sexto álbum foi Let It Rain, de 2002, que Chapman divulgou en xira pola Europa e EUA en 2003.

Where You Live, sétimo álbum da cantora, foi lanzado en setembro de 2005. Co este traballo realiza excursións polos EUA e Europa.

Discografía[editar | editar a fonte]

Tracy Chapman (1988)

  • "Fast Car" (US #6, UK #5)
  • "Talkin' 'Bout A Revolution" (US #75, UK #85)
  • "Baby, Can I Hold You?" (US #48, UK #94)

Crossroads (1989)

  • "Crossroads" (US #90, UK #61)
  • "Subcity"
  • "All That You Have Is Your Soul"
Matters of the Heart (1992)
  • "Bang Bang Bang"
  • "Dreaming On A World"
New Beginning (1995)
  • "Give Me One Reason" (US #3)
  • "New Beginning"
  • "Smoke and Ashes"
  • "The Promise"
Telling Stories (2000)
  • "Telling Stories"

Collection (2001)

Let It Rain (2002)

  • "You're The One"
  • "Another Sun"
Where You Live (2005)
  • "Change"
  • "America"

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Duetos:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]