Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Coordenadas: 42°13′59″N 8°44′01″W / 42.23306°N 8.73361°W
| Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo | |
|---|---|
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo. |
|
| Cidade | Vigo |
| País | |
O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.
Índice |
Proxecto [editar]
Froito dun deseño encargado en 2001, sendo alcalde Lois Pérez Castrillo, ao arquitecto pontevedrés César Portela, foi construído nos terreos que anteriormente ocupaba a empresa pesqueira Casa Mar.[1] O orzamento inicial era de preto de 86 millón de euros, que chegarían a elevarse a máis de 154 millóns, para logo volver a recortarse a cifras próximas ás orixinais. Foi inaugurado no ano 2011 polo alcalde Abel Caballero e o Presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijoo, cun concerto de Luz Casal no vestíbulo.
Descrición [editar]
Ten sete andares (maila planta baixa e o estacionamento subterráneo de 325 prazas). Dispón de auditorio, con capacidade para 1.421 persoas e un escenario de 800 m² (o máis grade de Galicia[2]), sete salas de diferentes capacidades, cafetería e un restaurante na terraza a 28 metros de altura[3]. Conta cunha zona comercial e de oficinas, aínda sen explotar, así como dun hotel de catro estrelas ó carón, o Hotel Carrís Beiramar con 121 habitacións, cafetería e restaurante propios.[4]
Constitúe unha das obras arquitectónicas máis modernas da Cidade olívica.
Usos [editar]
Durante o seu primeiro ano de funcionamento actuaron, entre outros, James Blunt, Wilco, David Bisbal, Mónica Naranjo, Enrique Bunbury, Les Luthiers, Moncho Borrajo e o Ballet do Teatro Nacional Ruso representando O Cascanoces e mailo Lago dos cisnes de Tchaikovski. Representáronse, así meso, as óperas Aida de Verdi e Madama Butterfly de Puccini. Tamén tivo lugar o XVIII Congreso Nacional e XII Internacional da Medicina Xeral e de Familia.[5]
Notas [editar]
- ↑ O Auditorio Pazo de Congresos na páxina do Concello de Vigo.
- ↑ Vigo estrena un auditorio con vistas al mar, El País (en castelán).
- ↑
Declaracións do arquitecto ao xornal El Mundo (en castelán). - ↑ Páxina do CH Beiramar en castelán, inglés e portugués e unha ligazón inoperativa á versión en galego. Consultada o 25/03/2012. Carrís é unha empresa fundada en 2006 con capital 100% galego que conta con seis hoteis en Galicia e un en Portugal.
- ↑ El auditorio cumple su primer año con eventos de todos los géneros... Faro de Vigo (en castelán).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||