Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Gran Peña Fútbol Club, coñecido como Gran Peña, é un club galego de fútbol que naceu en 1926 no que daquela era concello de Lavadores, e que dende a década de 1940 se asocia coa parroquia viguesa de Lavadores. Na actualidade xoga no grupo V da Primeira Autonómica.
O Gran Peña nunca tivo campo de seu, e xogou no campo da Florida, Balaídos, Coia, e na actualidade xoga no Municipal de Barreiro.
O Gran Peña fundouse en 1926 da man dunha directiva presidida por Manuel Méndez e á que pertencían tamén membros dos que uns meses despois serían os fundadores do Turista. Nos primeiros anos, ao non contar con campo de fútbol de seu e valado, xoga nunha liga de non federados, con equipos clásicos da cidade, como o Alerta Traviesas, o Atalante ou o ementado Turista. Neses primeiros anos trinta o fútbol consistía na desputa de copas locais, que congregaban a gran cantidade de público.
Durante a Guerra a sede social do Gran Peña foi ocupada pola Falanxe e algúns dos seus xogadores faleceron. Pero a partir de 1940 comeza a recuperarse o funcionamento do club. En 1943 xa ingresa na competición ligueira federada (Serie A de Galicia). En 1955 consegue o seu primeiro ascenso a Terceira, logo de proclamarse campión do seu grupo de Serie A. Despois de máis dunha década en Terceira, descende, pero en 1971 asina un convenio de filiación co Celta de Vigo, e ao final desa tempada ascende de novo. Nos anos vindeiros o equipo fai de ascensor entre as dúas categorías, e en 1980 rexeita un acordo co Celta de subordinación ao club celeste, co que mantén a súa independencia.
En 1986 prodúcese un intento de fusión co Turista, e de dependencia co Celta, auspiciado polo daquela alcalde da cidade Manoel Soto[1], e polo que entra en xogo a compra do campo de fútbol por parte do concello de Vigo. Finalmente o acordo non se produce co Gran Peña, e si co Turista, o que implica que o Gran Peña non pode volver a xogar en Barreiro. Como consecuencia prodúcense manifestacións cidadás, cortes de rúas etcétera. Tamén como resultado rómpese o acordo de filiación co Celta.
Mellores resultados [editar]
Nomes do club [editar]
- Club Gran Peña (1926-1971)
- Club Gran Peña Celtista (1971-1988)
- Gran Peña Fútbol Club (A partir de 1988)
Datos do club [editar]
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 39
Historial na liga [editar]
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1943 a 1955 |
Serie A |
— |
| 1955/56 |
Serie A |
1º  |
| 1956/57 |
3ª |
9º |
| 1957/58 |
3ª |
3º |
| 1958/59 |
3ª |
6º |
| 1959/60 |
3ª |
9º |
| 1960/61 |
3ª |
10º |
| 1961/62 |
3ª |
13º |
| 1962/63 |
3ª |
11º |
| 1963/64 |
3ª |
13º |
| 1964/65 |
3ª |
5º |
| 1965/66 |
3ª |
14º |
| 1966/67 |
3ª |
8º |
| 1967/68 |
3ª |
5º |
| 1968/69 |
3ª |
10º |
| 1969/70 |
3ª |
13º  |
| 1970/71 |
Serie A |
— |
| 1971/72 |
Serie A |
—  |
| 1972/73 |
3ª |
17º |
| Tempada |
Categoría |
Posto |
| 1974/75 |
3ª |
17º  |
| 1975/76 |
Preferente |
—  |
| 1976/77 |
3ª |
19º |
| 1977/78 |
3ª |
5º |
| 1978/79 |
3ª |
5º |
| 1979/80 |
3ª |
18º |
| 1980/81 |
3ª |
3º |
| 1981/82 |
3ª |
5º |
| 1982/83 |
3ª |
5º |
| 1983/84 |
3ª |
5º |
| 1984/85 |
3ª |
7º |
| 1985/86 |
3ª |
4º |
| 1986/87 |
3ª |
8º |
| 1987/88 |
3ª |
11º |
| 1988/89 |
3ª |
8º |
| 1989/90 |
3ª |
7º |
| 1990/91 |
3ª |
9º |
| 1991/92 |
3ª |
12º |
| 1992/93 |
3ª |
19º  |
Xogadores de sona [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Grupo 1 |
|
|
| Grupo 2 |
|
|
| Grupo 3 |
|
|
| Grupo 4 |
|
|
| Grupo 5 |
|
|
|
|
|
| Federación |
|
|
| Selección |
|
|
| Equipos |
|
|
| Outras competicións |
|
|
| Futbolistas galegos |
|
|
| Adestradores galegos |
|
|
| Estadios |
|
|
| Páxina web |
|
|