Emilia Docet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilia Docet, nada en Vigo en 1915, foi unha deportista galega, gañadora do concurso de Miss España en 1933.

[editar] Traxectoria

Filla de galego e peruana, estaba emparentada coa familia de Xosé Núñez Búa, fundador do Partido Galeguista. Estudou para perito mercantil en Vigo. Destacada nadadora dos tempos da República, pertencía á disciplina do Club Marítimo de Vigo.

Presentouse ao concurso de Miss España en 1933, daquela chamado Señorita España, nunha edición que patrocinaba o xornal Ahora. O 14 de febreiro de 1933 gañou a final deste concurso en Madrid[1]. Meses máis tarde presentouse tamén ao concurso de Miss Europa, que se celebraba en Madrid, fronte a outras trece modelos europeas e quedou como dama de honor. O triunfo foi para a rusa Tatiana Maslova. Posteriormente foi modelo para as galletas Pitusín[2], da empresa La Peninsular, que se fabricaban en Tui[3].

Militante do Partido Galeguista na súa agrupación local de Vigo[4], unhas semanas despois de vencer en Madrid (16 de xuño) recibiu unha homenaxe do partido no Hotel Miño de Ourense, á que asistiron entre outros Vicente Risco, Ramiro Illa Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Manuel Luís Acuña, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Miguel Valencia Fernández, Roberto Vázquez Monxardín, ou Manuel Peña Rei[5]. Na súa actividade política visitou o ministro de Agricultura republicano para que lles levantase o embargo aos 7.000 labregos avalistas do empréstito estatal concedido para construír o matadoiro porriñés de Marucoga[6]. Tamén foi a única muller que interveu no primeiro Mitin das Arengas, acto público do Partido Galeguista celebrado o 25 de xullo de 1934 en Santiago de Compostela.

[editar] Notas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas