Muíño das Maquías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°09′27″N 8°42′11″O / 42.157623431434, -8.7030988410197

Muíño das Maquías
O muíño das Maquías
Presentación
LocalizaciónZamáns, Vigo
PropietarioPúblico
Moas

O muíño das Maquías[1] é un muíño que se localiza no leito do río de Zamáns, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo.[2] [3]

Historia[editar | editar a fonte]

O nome de muíño das Maquías indica que nel se adoitaba pagar unha porción de gran ou de fariña ao muiñeiro por cada vez que se moía.[4][3]

Despois da construción do encoro de Zamáns, o caudal de auga reduciuse considerabelmente.[1] A finais do século XX, foi reconstruído.[2]

Construción[editar | editar a fonte]

Funcionaba como muíño, mais tamén como vivenda.[2] Ten dúas plantas e un pórtico de pedra, apoiado sobre catro columnas.[2] Na planta inferior atópanse dúas moas, ademais do sistema de captación e uso da auga.[5] Consta tamén dun pozo e dunha levada.[5] Tamén existía un alboio anexo, hoxe desaparecido.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Muíño das Maquías - 272439". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-25. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Máxica, Galicia (2016-03-03). "Molinos - Muíño das Maquias y de Seoane". Galicia Máxica. Turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-25. 
  3. 3,0 3,1
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maquía.
  5. 5,0 5,1 5,2 descubreasriasbaixas (2019-04-10). "Conjunto etnográfico Muíño de Maquías". descubreasriasbaixas.com. Consultado o 2023-10-25.