The Rolling Stones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Rolling Stones
The Rolling Stones 2005.jpg
Información
Orixe Londres, Inglaterra, Inglaterra Flag of the United Kingdom.svg
Período 1962 - actualidade
Xénero(s) Rock and roll
Selo(s) discográfico(s) Decca, ABKCO, Rolling Stones e Virgin
Membros Mick Jagger, Keith Richards, Ron Wood e Charlie Watts
Antigos membros Brian Jones, Mick Taylor, Bill Wyman
Web oficial www.RollingStones.com

The Rolling Stones é un conxunto de rock británico formado en 1962. Marcaron o renacemento do rock and roll tralo período de Elvis Presley e ocuparon un lugar importante no redescubrimento do blues negro.

Os seus integrantes máis destacados son o guitarrista Keith Richards e Mick Jagger, cantante e líder do conxunto.

Índice

Biografía [editar]

Integrantes de The Rolling Stones ao longo do tempo

Jagger e Richards coñecéronse un día no tren de Dartford onde han forxar unha grande amizade (Richards reparou nos discos de Little Richard, Chuck Berry e Carl Perkins que Jagger traía debaixo do brazo). Máis tarde, o 7 de abril de 1962, coñecen a Brian Jones durante un concerto de Blues Incorporated e xuntos atoparon como punto en común a súa afección polo Blues Negro estadounidense e polo Rock And Roll (o interpretado por músicos tales como Chuck Berry, Muddy Waters, B.B. King, John Le Hooker e Bo Diddley). Deciden formar unha banda de Rhythm and Blues. O resto da banda nos seus inicios formábana Dick Taylor ó baixo (reemplazado ó pouco tempo por Bill Wyman), Charlie Watts á batería e o pianista Ian Stewart.

O grupo comezou tocando blues e posteriormente rock and roll, dándose a coñecer ó popularizar o tema composto por The Beatles I wanna be your man. Como mánager tiñan a Andrew Loog Oldham que, a diferencia do dos Beatles, Brian Epstein, alentounos a que a imaxe do grupo na escena fora a de «rapaces malos» coa adopción dunha actitude máis agresiva que a dos de Liverpool. A prensa musical axiña promocionou unha imaxe de rivalidade entre The Beatles e The Rolling Stones, aínda que a realmente ambas bandas eran máis ben amigos e colaboradores.

Ó longo da década de 1960 lograron varios éxitos como Satisfaction (considerada unha das cancións emblemáticas do rock de todos os tempos), Under my Thumb, Honky Tonk Women, Sympathy for the Devil. Malia ser un grupo cuxa música oscilaba entre o Rock and Roll, o Blues e o Country, no 1967, do mesmo xeito ca moitas outras bandas, editaron un álbum de Rock Psicodélico chamado Their Satanic Majesties Request, que non obtivo grande éxito.

No 1969 Brian Jones, cuxa saúde estaba moi deteriorada polo consumo excesivo de drogas, abandonou a banda. Foi atopado morto durante o verán dese mesmo ano afogado na súa piscina en circunstancias pouco claras. Substituíuno Mick Taylor, que formara parte da banda de John Mayall. Entre 1967 e 1972 gravaron os seus álbums máis emblemáticos: desde Beggars Banquet a Exile on Main Street, pasando por Sticky Fingers (1971).

Ao longo dos anos 1970 continuaron unha carreira musical onde ó Rock and roll, o Blues e o Country, lles agregaron elementos esporádicos de Soul, Funk e Reggae. Cara a 1974 Mick Taylor abandonou a banda e, para o álbum Black and Blue de 1976, reclutaron a Ron Wood (ex membro de The Faces), logo de seleccionar entre distintos guitarristas, entre eles Jeff Beck e Wayne Perkins. Discos como Some Girls (1978) e Tattoo You (1981) mantivéronos en primeira liña ata unha década dos oitenta marcada por unha longa vira entre 1981 e 1982, discos errados (Undercover) e aventuras en solitario de Jagger e Richards. No 1989 a banda reuniuse para editar Steel Wheels e iniciar unha nova xira mundial. A principios dos noventa Bill Wyman abandonou a banda, o que non impide que se sigan sucedendo periódicamente os discos de estudo (Bridges to Babylon) e xiras por todo o mundo. O seu disco Voodoo Lounge (1994) recibiu un premio Grammy ao mellor álbum de rock. No 2001, Mick Jagger falaba sobre unha nova xira dos Stones e o 3 de setembro, a banda inicia a nova xira mundial "Forty Licks", cunha serie de corenta concertos en quince cidades e que duraría ata febreiro de 2003.

The Rolling Stones continúan activos ata a data e é considerada unha das bandas de Rock máis importantes de todos os tempos.

No 2006 cancelaron todos os seus concertos en España. As explicacións que deron: · Barcelona e Madrid: Richards caeu dun cocoteiro ó que estaba subido e non puido tocar. · Valladolid e El Ejido: Afonía de Jagger. Segundo a prensa local de Valladolid as súas satánicas maxestades asistían a unha festa privada en Madrid na mesma data do concerto suspendido.

Discografía [editar]

Discos oficiais en vivo [editar]

  • Got Live If You Want It! (1966)
  • Get Yer Ya-Ya's Out! (1970)
  • Love You Live (1977)
  • Still Life (1982)
  • Flashpoint (1991)
  • Stripped (1995)
  • Rock And Roll Circus (1995)
  • No Security (1998)
  • Live Licks (2004)

Recompilacións e discos de rarezas oficiais [editar]

  • Big Hits (High Tide & Green Grass) (1966)
  • Flowers (1967)
  • Through The Past Darkly (Big Hits Vol.2) (1969)
  • Hot Rocks 1964-1971 (1972)
  • More Hot Rocks (Big Hits & Fazed Cookies) (1972)
  • Metamorphosis (1975)
  • Made In The Shade (1975)
  • Sucking In The Seventies (1981)
  • Rewind (1984)
  • Singles Collection: The London Years (1989)
  • Jump Back - The Best Of The Rolling Stones '71-'93 (1993)
  • Forty Licks (2002)
  • Rarities 1971-2003 (2005)

DVD [editar]

  • Bridges To Babylon (1998)
  • Gimme Shelter (2000)
  • Four Flicks (2003)
  • Rock And Roll Circus (2004)
  • The Stones In The Park
  • Let's Spend The Night Together
  • Live At The Max