Casa de Estanislao Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Estanislao Durán
Edificio
LocalizaciónVigo, Galicia
Coordenadas42°14′12″N 8°43′18″O / 42.23659, -8.721702Coordenadas: 42°14′12″N 8°43′18″O / 42.23659, -8.721702
PropietarioBanco Banesto
Construción
Inicio1901
Remate1901
Equipo
Arquitecto(s)Manuel Felipe Quintana
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Estanislao Durán é un edificio histórico situado no cruzamento da rúa do Príncipe, número 41, e a rúa Velázquez Moreno, no centro da cidade de Vigo. É un edificio histórico, exemplo da extraordinaria actividade arquitectónica da vila a finais do século XIX e comezos do XX.

Historia[editar | editar a fonte]

A obra foi promovida en 1901 por Estanislao Durán David, rico comerciante e empresario da próspera vila de Vigo do momento, que encargou a Manuel Felipe Quintana Ochaita o deseño dun palacete urbano no que daquela era a estrada de saída de Vigo, hoxe en pleno centro.[1]

Construción e estilo[editar | editar a fonte]

O edificio consta de soto, planta baixa, primeiro andar e faiado con cuberta amansardada ou crebada e moi empinada. Está construído cun estilo ecléctico con clara influencia francesa e disposición clasicista, que se manifesta na súa decoración.[2] Na planta baixa dispóñense varios arcos cunha moldura decorada na súa parte superior. No primeiro andar dispóñense amplos vans enmarcados en pilastras, e un lintel que enmarca unha decoración de rostros humanos enmarcados en decoración vexetal. No faiado as bufardas ou fachais están rematadas por un frontón curvo con decoración de volutas e unha balaustrada sobre unha cornixa sobrevoada. O conxunto complétase cun corpo en forma de torre, decorado con arcadas semicirculares e que se ergue sobre un balcón balaustrado e corrido no chafrán do edificio. Sobre este corpo érguese unha cúpula de escamas, que resalta sobre o resto do conxunto e lle dá un aspecto señorial. En 1924 foi realizado un engadido na planta baixa da fachada que discorre por Velázquez Moreno. No resto o edificio consérvase na súa disposición orixinal. Atopámonos perante un dos mellores exemplos dos palacetes urbanos que a burguesía viguesa fixo construír para salientar a súa preeminencia económica e social na cidade do momento, marcada polo desenvolvemento industrial e comercial ligado ao porto e ás súas empresas asociadas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido Rodríguez, 2000: p. 317.
  2. Garrido Rodríguez, 2000: p. 318.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]