Andoni Iraola
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Andoni Iraola Sagarna | ||
| Nacemento | 22 de xuño de 1982 (29 anos) | ||
| Lugar | Usurbil, España | ||
| Altura | 1,82 m. | ||
| Posición | Defensa | ||
| Información de club | |||
| Club actual | Athletic Club | ||
| Número | 15 | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1998–1999 | Antiguoko | ||
| 1999–2000 | Athletic Club | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Apps† | (Gls)† |
| 2000–2001 | Baskonia | 35 | (4) |
| 2001–2003 | Bilbao Athletic | 75 | (15) |
| 2003– | Athletic Club | 305 | (31) |
| Selección nacional‡ | |||
| 2001 | España sub-18 | 1 | (0) |
| 2003 | España sub-21 | 1 | (0) |
| 2003– | Euskadi | 5 | (0) |
| 2008– | España | 7 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 16 de marzo de 2012. † Aparicións (Goles) ‡ Actualizado a 14 de outubro de 2011. |
|||
Andoni Iraola Sagarna, nado o 22 de xuño de 1982 en Usurbil (Guipúscoa), é un futbolista español. Xoga de defensa lateral dereito e o seu actual club é o Athletic Club.
Índice |
[editar] Traxectoria
Formouse nas categorías inferiores do Antiguoko donostiarra ata que chegou a Lezama en virtude do convenio entre o Athletic Club e o Antiguoko. No club guipuscoano foi compañeiro de xogadores de talla internacional como Xabi Alonso e Mikel Arteta. En 2003 pasou a formar parte do primeiro persoal do Athletic.
Debutou na Primeira división o 30 de agosto de 2003, nun partido contra o FC Barcelona, gañado 0-1 polos culés. Na súa primeira tempada xogou 31 partidos de liga e marcou cinco goles.
En 2005 renovou o seu contrato co Athletic ata o ano 2010, a pesar de ser seguido por equipos como o Valencia CF ou o Liverpool FC. En total disputou máis de 200 partidos na Primeira División Española e marcou máis de 20 goles.
Converteuse en só dúas tempadas nun dos mellores pasadores do equipo xunto a Fran Yeste. Destaca pola súa capacidade de desprazar a pelota manténdoa moi preto do pé e driblando xogadores contrarios con facilidade.
[editar] Selección nacional
O 20 de agosto de 2008, Vicente del Bosque, no seu primeiro partido como seleccionador de España, fixo debutar a Iraola como absoluto, nun partido amistoso contra Dinamarca.[1] O 11 de outubro de 2008 disputa o seu primeiro partido oficial coa selección, ante Estonia, substituíndo a Sergio Ramos.
Tamén disputou varios partidos internacionais de carácter amigable coa Selección de Euskadi.
[editar] Palmarés
[editar] Campionatos nacionais
| Título | Club | País | Ano |
|---|---|---|---|
| Subcampión da Copa do Rei | Athletic Club | España | 2009 |
| Subcampión da Supercopa de España | Athletic Club | España | 2009 |