Compra de Luisiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A compra de Luisiana (Nova Francia).
El documento del Tratado

A compra de Luisiana, foi unha transacción comercial mediante a cal o Primeiro Imperio Francés vendeu a Estados Unidos 2.144.476 km² (529.911.680 acres) das súas posesións en América do Norte a un prezo ao redor de 3 centavos por acre (7 centavos por ha); un prezo total de 15 millóns de dólares ou 80 millóns de francos franceses.

Transacción[editar | editar a fonte]

Cos xuros, o territorio de Luisiana custou 23.213.568 dólares.[1] A vasta extensión obxecto do tratado comprendía os territorios dos actuais estados de Arcansas, Missouri, Iowa, Oklahoma, Kansas, Nebrasca, Minnesota ao sur do río Mississippi, gran parte de Dacota do Norte, case a totalidade de Dacota do Sur, o nordés de Novo México, o norte de Texas, unha sección de Montana, Wyoming, Colorado ao leste da divisoria continental, e Luisiana a ambos os dous lados do río Mississippi, incluíndo a cidade de Nova Orleáns. Ademais, a compra comprencía partes das provincias actuais de Alberta e Saskatchewan no actual Canadá. Este territorio representa o 23% da superficie actual dos Estados Unidos.[1] A compra era importante na presidencia de Thomas Jefferson, que se enfrontou a certa resistencia interna á compra. Aínda que existían dúbidas con respecto á constitucionalidade da adquisición do territorio, decidiu comprar Luisiana porque non lle gustaba a idea de que Francia e España tivesen o poder de bloquear o acceso de comerciantes estadounidenses ao porto de Nova Orleáns. Esta negociación abriu a Estados Unidos o acceso ao Océano Pacífico, e incrementou de forma espectacular o seu territorio, polo que constitúe un dos acontecementos históricos de maiores consecuencias na historia Universal dos últimos dous séculos.

Contexto[editar | editar a fonte]

A compra do Territorio de Luisiana foi unha das varias adquisicións de territorio dos Estados Unidos

En 1803 Luisiana (Nova Francia) era un territorio de aproximadamente 2 millóns de km², que lindaba ao norte coas posesións británicas, ao leste co río Mississippi e ao sur e oeste cos territorios de España. Estaba poboada por ao redor de 35.000 persoas (a terceira parte delas en Nova Orleáns).

Os Estados Unidos buscaban o xeito de controlar a navegación sobre o río Mississippi, feito que lle levou a iniciar negociacións co réxime de Napoleón I.

Pola súa banda Francia tiña présa por desfacerse desta colonia que obtivera só dous anos atrás (por medio dun acordo con España), xa que Haití declarara a súa independencia de Francia, situación que imposibilitaba á armada francesa a boa defensa de Luisiana desde este bastión.

Napoleón preferiu entón vender a colonia aos estadounidenses e non correr o risco de perdela cos ingleses. Como dixo el mesmo: Esta venda non é un gran negocio para Francia, pero o importante é que lle daremos aos ingleses un competidor novo no seu monopolio marítimo.

Negociación[editar | editar a fonte]

O presidente estadounidense Thomas Jefferson envía aos seus emisarios a Francia por primeira vez en 1801 dando inicio ás conversacións.

Os americanos, que só buscaban comprar a parte ribeirega, víronse sorprendidos cando os franceses ofrecéronlles o terreo na súa totalidade. A compra levouse a cabo sen que ninguén soubese exactamente as características do terreo. Tratábase de zonas inexploradas e non existía ningún tratado con España que determinase o límite entre os dous territorios.

É verdade que a suma de diñeiro foi relativamente moi pouca, pero para un novo país como era Estados Unidos, foi unha suma considerable e ata debeu endebedarse para cubrila. Con todo pode considerarse o negocio máis rendible da historia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]