Cabalo Tolo
| Cabalo Tolo | |
|---|---|
| Cabalo Tolo cos Lakota Oglala camiño de Camp Sheridan para renderse ó Xeneral Crook na Axencia Red Cloud, (6 de maio de 1877). Debuxo feito a partir de bosquexos de Mr. Hottes. | |
| Nacemento: | 1840 Bear Butte, Dacota do Sur |
| Falecemento: | 5 de setembro de 1877 Fort Robinson, Nebrasca |
Cabalo Tolo (en lingua lakota Tȟašúŋke Witkó, que literalmente vén a significar o seu cabalo está tolo), nado en 1840 e finado o 5 de setembro de 1877 en Fort Robinson, Nebrasca, foi un home nativo americano e xefe prominente dos Lakota Oglala.
É coñecido por alzarse en armas contra o goberno federal dos Estados Unidos para loitar contra contra a invasión dos seus territorios e a destrución do modo de vida do pobo Lakota. Liderou ó seu pobo na Batalla de Little Bighorn en xuño de 1876, da cal saíu vitorioso.
Finalmente, rematou por se render ás tropas dos Estados Unidos ante o Xeneral Crook en 1877. Trala rendición, resultou fatalmente ferido por un garda militar por ofrecer unha suposta resistencia a ser encarcerado en Fort Robinson, na actual Nebrasca.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]