Tratado de París (1763)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Tratado de París foi asinado o 10 de febreiro de 1763 polo duque Choiseul, o marqués de Grimaldi e o duque de Bedford, poñendo así fin á guerra dos Sete Anos.

Historia[editar | editar a fonte]

William Pitt teimaba en manter vivo o conflito ata lograr o aniquilamento das forzas de Francia. Os tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Sete Anos, representaron unha vitoria para Gran Bretaña e Prusia. Para Francia supuxeron a perda da maior parte das súas posesións en América e Asia. A firma da paz tivo as seguintes implicacións:

  • España obtén de Francia a Luisiana e de Inglaterra a devolución do porto da Habana e da cidade de Manila, ocupadas durante a guerra.

A Paz de Hubertusburgo foi asinada entre Austria, Prusia e Saxonia o 15 de febreiro 1763. Xunto ao Tratado de París asinado no 10 de febreiro, marca o final da Guerra dos Sete Anos.

O Tratado de Hubertusburgo confirmou a Silesia como posesión prusiana e convertendo a esta última en potencia europea, baixo o reinado de Federico II o Grande.