Touro Sentado

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Touro Sentado

Tȟatȟaŋka Iyotȟaŋka, ou, de xeito simplificado, Tatanka Iyotake, máis coñecido como Touro Sentado, en inglés Sitting Bull, nado en 1831 e finado en 1890, foi un xefe indio norteamericano da tribo dos sioux hunkpapa.

[editar] Traxectoria

Touro Sentado fíxose famoso por conducir tres mil quiñentos indios sioux e cheién contra o Sétimo de Cabalería, que estaba baixo as ordes do xeneral Custer, na batalla de Little Big Horn o 25 de xuño de 1876, onde os estadounidenses resultaron derrotados.

Perseguido polo exército estadounidense, Touro Sentado levou os seus homes ao Canadá, onde permaneceron até 1881. Neste ano regresou coa súa tribo aos Estados Unidos para que a súa xente se entregase e terminasen así os enfrontamentos. O propio Sitting Bull foi amnistiado e o exército respectouno.

Nos anos seguintes Touro Sentado formou parte do show de Buffalo Bill.

Cando xa foi maior, Touro Sentado sentiuse atraído por unhas danzas indias de carácter místico, cuxo significado era expulsar o home branco das terras dos indios. O goberno estadounidense viu nestas danzas unha ameaza, e enviou nunha ocasión policías indios para deter o antigo xefe. No medio da liorta que se orixinou, Touro Sentado e o seu fillo morreron.

En sioux, Tatanka Iyotake significa «Bisonte Macho Sentado». O nome de Touro Sentado chegou ao galego a través da tradución do apelativo que se lle deu en inglés, Sitting Bull, posto que bull, ademais de significar touro, utilizase para denominar os machos de outros animais vacúns, como os bisontes.

Ferramentas persoais