Franz Benda
Franz Benda ou en checo František Benda, bautizado o 22 de novembro de 1709 e finado o 7 de marzo de 1786, foi un compositor e violinista bohemio, irmán maior de Jiří Antonín Benda, e que traballou a maior parte da súa vida na corte de Federico o Grande e foi o fundador da escola alemá de violín.
Traxectoria [editar]
Franz naceu en Benátky nad Jizerou nunha familia de músicos, estudou música cos xesuítas en Praga e desde os dez anos no coro da capela real de Dresde ó tempo que aprendía a tocar o violín. Ós 18 anos volveu a Praga e de alí a un pouco marchou a Viena, onde estudou violín con Heinrich Graun, pupilo de Tartini. Logo de dous anos foi nomeado mestre de capela en Varsovia e despois foi membro da banda do Príncipe Real de Prusia e despois sucedeu a Graun na dirección dos concertos reais.
Comezou a compoñer as súas propias pezas ós catorce anos. Entre as súas numerosas composicións está o concerto para frauta e orquestra en sol menor, quince concertos para violín e máis dun centro doutras pezas para violín. As súas composicións atópanse entre o barroco e o clasicismo vienés.
