Arrecife

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arrecifes de coral na illa de Providencia, Colombia.
A illa de Pamalican co seu arrecife no mar de Sulu, Filipinas.

Un arrecife[1] ou escollo[2] é unha rocha, baixío, ou calquera outro elemento que xace 6 brazas (aprox. 11 metros) ou menos baixo a superficie da auga durante marea baixa. Moitos arrecifes son o resultado de procesos abióticos, deposición de area, erosión de ondas planeando afloramentos rochosos, e outros procesos naturais, mais os arrecifes máis coñecidos son probablemente os arrecifes de coral formados en procesos bióticos dominados por corais e algas calcáreas. Arrecifes artificiais, tales como pecios, créanse en certas ocasións para mellorar a complexidade física en fondos areosos sen relevo, co fin de atraer un conxunto de organismos máis diverso, especialmente peixes.

O sistema de arrecifes de coral máis grande da Terra é a Gran Barreira de Coral en Australia, cunha lonxitude de máis de 2300 quilómetros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arrecife.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escollo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Shears N.T. (2007) Biogeography, community structure and biological habitat types of subtidal reefs on the South Island West Coast, New Zealand. Science for Conservation 281. p 53. Department of Conservation, New Zealand. [1]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]