Caión, A Laracha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′10.32″N 8°36′20.90″O / 43.3195333, -8.6058056

Caión
Caion (a laracha).jpg
A vila mariñeira de Caión
Concello A Laracha
Área 4,75 km²
Poboación 859 hab. (2013)
Densidade 180,84 hab./km²
Entidades de poboación 9

Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 859 habitantes (442 mulleres e 417 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Caión contaba cun porto baleeiro, que aparece mencionado na Descripción del Reyno de Galicia do Licenciado Molina (século XVI).

Arquitectonicamente destacan a Casa do Conde do Graxal, a Igrexa de San Xurxo (plateresca) e as ruínas do convento de Santo Agostiño, fundado no século XVI por Fernando Bermúdez de Castro.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Hai un camiño real feito adrede que conecta Caión con Paiosaco. Hai un anaco que o camiño é da Laracha, para un lado Carballo e para o outro Arteixo. Nos mapas aparecen coma se fosen corenta metros pero en realidade son seis.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Laracha.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Caión[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Caión no concello da Laracha (A Coruña)

Alvite | Caión | O Campo da Costa | Cima de Vila | Goxán | O Outeiro | O Pazo | A Pedreira | Xermaña

Parroquias da Laracha[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]