Camelle, Camariñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Camelle")
Camelle
Camelle 30VIII2014 01.jpg
Panorámica de Camelle en Camariña
Concello Camariñas
Poboación 1.290 hab. (2013)
Entidades de poboación 3

O Espírito Santo de Camelle é unha parroquia do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.290 habitantes (602 homes e 682 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.613 habitantes.

Na localidade de Camelle viviu e desenvolveu a súa obra o artista alemán Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o Alemán de Camelle.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada na beira do océano Atlántico, en plena Costa da Morte. Camelle está construído dentro dunha enseada, a mar aberto, cunha praia ao fondo. A parroquia da vila, que venera o Divino Espírito Santo, posúe a campá do City of Agra, naufragado en Arou.[Cómpre referencia]

Conta con seis entidades de poboación: Arou, Camelle, Camelle de Riba, Lazo, Lobeiras e A Lagoa

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria[editar | editar a fonte]

Un petróglifo no monte cercano de Can Ladrón evidencia a presenza humana na zona na prehistoria camellana.[Cómpre referencia]

Idade Media[editar | editar a fonte]

Fundado por baleeiros vascos na Idade Media, Camelle aparece xunto con Malpica e Caión coma un dos primeiros portos galegos adicados a esta actividade, destacando os capitáns baleeiros García de Olaso e Sarrondo, naturais de Zarautz (Gipuzkoa) e Clemente del Campo, de Luanco (Asturias). No mesmo monte de Can Ladrón están as ruinas dun posto de vixilancia posiblemente do século XVI, utilazado polos vascos para avistar baleas ou se cadra piratas.[Cómpre referencia]

Vikingos[editar | editar a fonte]

No imaxinario popular fican histórias de ataques vikingos na zona, e do agocho que existia no Alto da Gurita. Os habitantes da zona, segun relata unha historia popular, agocharonse entre as árbores pintados con barro e prenderonlle unha emboscada ós vikingos na zona da Señora, perto da vila, con vitoria local.[Cómpre referencia]

A crenza de ser de descendencia vikinga pervive na zona. A grande cantidade de xente rubia e/ou ollos claros tanto en Camelle coma en Arou e Santa Mariña (o seu antigo mosteiro foi atacada e destruído varias veces por atacantes do Norte) aumenta esta crenza.[Cómpre referencia]

O historiador Chao Espin afirma que entre estas tres vilas existía a Chamada "Xunta de Nordeman", onde os nenos nacen co pelo claro e este volvese escuro co paso dos anos

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares e barrios de Camelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Camelle no concello de Camariñas (A Coruña)

Arou | Camelle | Lazo


Parroquias de Camariñas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Camariñas

Camariñas (San Xurxo) | Camelle (O Espírito Santo) | A Ponte do Porto (San Pedro) | Xaviña (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]